O CENTRO CULTURAL ACILLE A MOSTRA «ATARAXIA»
Con fotografías en torno ás mulleres
O traballo de Marina Alonso San Miguel poderá contemplarse ata o 25 de marzo
Foto: Marina Alonso San Miguel
Infogauda / A Guarda
O Centro Cultural da Guarda acolle ata o día 25 de marzo, a mostra fotográfica «Ataraxia», da deseñadora gráfica Marina Alonso San Miguel.
Segundo explica a súa autora, «Ataraxia» é a palabra grega que denomina un estado de ánimo con ausencia de paixóns, temores ou desexos, a condición máis próxima á tranquilidade total e o equilibrio mental. Nesta liña, na exposición superpóñense os motivos paisaxísitcos e naturais con siluetas de mulleres.

Ningún comentario:
Publicar un comentario