23 de feb. de 2018

MOVEMENTOS SOCIAIS

8 DE MARZO: FOLGA DE MULLERES


 Ante a confusión creada por algúns medios de comunicación, que obvian a participación da CIG na folga de mulleres do vindeiro 8 de marzo, a Confederación Intersindical Galega informa:  

 8 DE MARZO. FOLGA DE MULLERES 

 A CIG ten rexistrada unha convocatoria de FOLGA DE MULLERES correspondente a un paro de dúas horas en cada unha das quendas de traballo, dando cobertura legal a todas as traballadoras galegas de todos os sectores produtivos e de todos os centros de traballo, garantindo que poidamos participar todas neste día de protesta, reivindicación e mobilización. 

 Facemos un chamamento a que, nun momento dado do día, as mulleres deixemos o que estamos a facer e PAREMOS para que entendan que non imos permitir máis ataques aos nosos dereitos. Visibilizaremos o traballo achegado polas mulleres nun día normal para o seu recoñecemento. 

 Ese día mulleres de máis de 57 países de todo o mundo están chamadas a secundar un PARO INTERNACIONAL DE MULLERES, como resposta e denuncia aos ataques sufridos polo mero feito de sermos mulleres. 

 A convocatoria internacional vai máis aló das discriminacións laborais (diferenzas salariais, o chan pegañento, a precariedade dos traballos feminizados, as discriminacións derivadas do exercizo da maternidade ou por facer uso de permisos relacionados co coidado, excedencias, o acoso) denunciando tamén a dobre ou tripla xornada dentro e fóra do fogar, as agresións sexuais, as agresións machistas e os feminicidios.  

PAROS POR QUENDAS DE TRABALLO  
De 00h-02h da madrugada 
De 12h a 14h 
De 19:30h a 21:30h 

MOBILIZACIÓNS  

UNIÓN COMARCAL DE VIGO 
* 12:30h Na farola de Urzáiz 
* 12:30h Na estrada Clara Campoamor (na rotonda de aceso ao hospital Álvaro Cunqueiro) 
BUEU: 12:30h Diante do Concello (Rúa Eduardo Vicenti, 8) CANGAS: 12:30h Diante do Concello (Avda. Castelao, 2) MOAÑA: 12:30h Diante do Concello (Rúa As Barxas, 2) TOMIÑO: 12:00h Diante do Concello (Praza do Seixo) TUI: 12:30h No Outlet  

UNIÓN COMARCAL DA CORUÑA 
* 19:30h Na Praza de Pontevedra 
BETANZOS: 12:30h Nas portas do Concello 
CARBALLO: 12:30h Nas portas do Concello 
CEE: 12:30h Praza 8 de marzo  

UNIÓN COMARCAL DE COMPOSTELA 
* 12:30h no Centro Comercial As Cancelas 
* 12:30h na Praza de Galiza 
* 12:30h diante do Hospital Clínico 
* 12:30h diante da Xunta de Galiza en San Caetano 
RIBEIRA: 12:00h diante do Hospital do Barbanza  
* 20:00h Praza do Concello  

UNIÓN COMARCAL DE FERROL 
* 12:30h Praza de Amada García (Edificio da Xunta) * 12:30h Hospital Arquitecto Marcide AS PONTES: 12:30h Praza do Concello  

UNIÓN COMARCAL DE LUGO 
LUGO: 12:30h Diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza 
MONFORTE: 20:00h Praza de España 
A MARIÑA / VIVEIRO / BURELA / RIBADEO: 12:30h Diante dos Concellos  

UNIÓN COMARCAL DE OURENSE 
OURENSE: 12:30h Praza Maior O BARCO DE VALDEORRAS: 20:00h Praza do Concello VERÍN: 20:00h Praza do Concello 

UNIÓN COMARCAL DE PONTEVEDRA 
PONTEVEDRA:12:30h na Praza da Peregrina 
VILAGARCÍA/O GROVE/CAMBADOS: 12:30h Diante dos Concellos 
A ESTRADA: 12:30h Diante do Concello  

 Así mesmo, a CIG fai un chamamento a participar activamente na MANIFESTACIÓN NACIONAL que percorrerá as rúas de Vigo o vindeiro 4 de marzo, saíndo ás 12 horas de Vía Norte esq. Urzáiz, convocada pola Asemblea Galegas8M, da que a CIG forma parte.  Ademais, a central chama tamén a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego en varias cidades e vilas do país durante o paro da tarde do día 8.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario