PIRAGÜISMO
15 PODIOS PARA OS TEIXUGOS NA II COPA GALEGA DE SLÁLOM
Dos cales 6 foron ouros, 7 pratas e 2 bronces
Un dos piragüistas en pleno esforzo no decurso da proba
Foto: Rosa Fernández Carrera
Rosa Fernández Carrera / Salvaterra de Miño
Este domingo celebrouse en Alxén (Salvaterra de Miño), a II Copa Galega de Slálom, correspondente a Liga Galega de Slálom, a que o Club Deportivo Miño acudiu con 11 deportistas. Ao igual que a semana anterior, os resultados non puideron ser mellores.
Na categoría sénior, Brais Castro foi o gañador en C1 e segundo en K1, superado solo por Axel Afonso, do club Tea, Laura Soutelo gañou en K1, e Marina Ruedas foi segunda.
Na categoría cadete, Ariadna Pereira foi segunda en C1 e K1, por detrás de Roxana Bernárdez, do Tea.
Na categoría Infantil, Ainhoa Barreiro gañou en K1 e foi segunda en C1, Alba Soutelo gañou en C1 e foi segunda en K1; Samuel Castro gañou en C1 e foi segundo en K1; Sergio Rodríguez, primeiro en K1 e terceiro en C1, e Alexis Segadaes rematou terceiro en K1.
Inmellorable, pois, a participación do Club Deportivo Miño, cun total de 15 podios, dos cales 6 foron ouros, 7 pratas e 2 bronces.
Na clasificación por equipos, o Piragüismo Penedo foi o gañador, seguido do Tea de Mondariz e no terceiro lugar os Teixugos.
A vindeira cita co slálom para os Teixugos será o 24 e 25 deste mesmo mes na localidade francesa de Orthez onde se celebrará a primeira Copa de España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario