17 de feb. de 2018

DEPORTES

DAMIÁN ALONSO ALONSO, PARTICIPA NA XXXVIIª EDICIÓN DOS CAMPIONATOS DO MUNDO DE REMO INDOOR

O remeiro guardés, do clube Minero´s ten previsto participar en catro regatas

Damián Alonso Alonso nun adestramento en Alexandria (Estados Unidos)

Infogauda / Deportes

 O remeiro Damián Alonso Alonso, de A Guarda, do club Minero´s, participa unha vez máis no Campionato do Mundo de Remo Indoor.

 Na súa 37ª edición, os Campionatos do Mundo de Remo Indoor teñen lugar esta fin de semana - 17 e 18 de febreiro de 2018 -, no TC Williams High School, sito na 3330 King Street, en  Alexandria,  Virginia (Estados Unidos), que se atopa alén do río  Potomac desde Washington,  DC.

 Os Campionatos do Mundo viñéronse celebrando en  Boston durante as primeiras 36 edicións e agora cambia de escenario.  

 Segundo á opinión dos expertos nesa modalidade deportiva "(...) trasladar os Campionatos a unha nova cidade en cada edición proporcionará a oportunidade de que máis xente poida participar na regata e axudaranos a crear máis interese no deporte do remo indoor (...)".

 O remeiro guardés ten previsto participar nas seguintes regatas:

 Sábado 17 de febreiro
· Aberto (maiores de 23 anos) Homes, regata de 30 minutos.

 Domingo 18 de febreiro
 · Mestre (30-39 anos) Homes liviáns 2.000 M.
 · Mestre (30-39 anos) Campionato Sprint masculino 500 M.
 · Aberto Homes Campionato Sprint 500 M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario