13 de feb. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS SEGUE PLANTANDO FUTURO NO MONTE SANTA TREGA

Coa colaboura do alumnado e profesores dos centros educativos de A Guarda

A imaxe un intre da labor de repoboación que os escolares e profesores están levando a bó termo en Chans, no Monte Santa Trega (Camposancos) A Guarda
Foto: José Fernando Martínez

Infogauda / Camposancos

 O presidente da Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, José Fernando Martínez Martínez ven de informar das actividades que coa colaboura do alumnado e profesores dos centros educativos de A Guarda están desenvolvendo cara a repoboación do monte Santa Trega. 

 "Si no último día de xaneiro e nos dous primeiros de febreiro plantamos 600 árbores no monte Trega, en Chans de arriba, ahora si non chove o próximo xoves día 15 será o alumnado do colexio público Nicolás Gutiérrez Campos - As Solanas, de A Guarda, os que se encarguen de plantar 200 castiñeiros e lle seguirán o día 22 as alumnas e alumnos do colexio de primaria de A Sangriña, que plantarán 100 castiñeiros máis. 

 Por certo todos os colexios subiron cos profesores".  

 José Fernando Martínez engade que "para esas datas tamén está programado que un grupo de alumnos voluntarios do Instituto de A Sangriña,  acompañados por algúns profesores, en xornadas de tarde, se fan cargo de unha parcela, na zona de Espiñeiro, no Trega, de 3.000 m2 de superficie, e eles farán todo ciclo. Isto é, desbrozarán, farán as covas, plantarán, e no fururo arrincarán os rebrotes de acacias,..., un proxecto que nos parece moi interesante. 

 É moi doado encontrar profesores que se involucran. E que decir do alumnado! Eles plantarán 25 madroños, 25 aciñeiras, 25 carballos e 25 sobreiros.  

 En nome da Xunta Reitora da C.MM.VV.M.C. de Camposancos, e mesmo no meu, dámoslles ás grazas por facer posibles estas actividades".

Ningún comentario:

Publicar un comentario