XI Gala do Deporte
A gran festa do deporte guardés celebrarase o 23 de febreiro no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda ven de faer público que a gran festa do deporte guardés celebrarase o vindeiro venres, 23 de febreiro, na XI Gala do Deporte. No eventore coñeceranse os logros e méritos deportivos acadados durante o ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas do municipio, poñendo así en valor o traballo das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.
Á gala, que comezará ás 20:30 horas no Centro Cultural, será conducida polo xornalista Terio Carrera, acompañado pola actriz e narradora Beatriz Campos.
A capitana do Mecalia Atlético Guardés, Estela Doiro, amadriñará o evento, ao que están convidadas todas as asociacións, clubs e deportistas individuais da Guarda, así como todas aquelas persoas que desexen achegarse e participar na xornada de celebración e xuntanza do deporte guardés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario