20 de xan. de 2018

MADRID

PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 22 AO VENRES 26 DE XANEIRO DE 2018


Conferencia do historiador ferrolán Juan Luis Beceiro: "A expulsión dos xudeus e a Inquisición española"

Martes, 23
19:30 horas 

O historiador ferrolán, Juan Luis Beceiro

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Conferencia “A expulsión dos xudeus e a Inquisición española” polo historiador ferrolán Juan Luis Beceiro na que analizará a situación relixiosa na España dos séculos XV e XVI, argumentando que a lenda negra xurdida ao redor da persecución dos xudeus e a Inquisición foi unha campaña orquestrada polos inimigos de España, e especialmente os protestantes.

Ciclo de conferencias "MEDICINA E HUMANIDADES"

Xoves, 25
19:30 horas 


 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Conferencia/Coloquio "Reflexións sobre a humanización como elemento transformador da asistencia sanitaria", dentro do ciclo “Medicina e Humanidades” dirixido e coordinado polo Dr. Julio Ancochea Bermúdez, presidente da Asociación de Médicos Gallegos en Madrid, ASOMEGA.
  

 No acto intervirán o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o presidente de Honra do Comité Internacional de ASOMEGA, Enrique Iglesias; o presidente da Fundación Humans, Julio Zarco, e a responsable de Formación e Calidade do Centro de Humanización da Saúde, Cristina Muñoz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario