29 de xan. de 2018

GOIÁN

O CINECLUB POLEIRO CELEBRA 20 ANOS DE ACTIVIDADE 

CUN NOVO CICLO DE CINE E UN ABONO  DE CATRO PELÍCULAS POR CINCO EUROS  

O CICLO COMENZA O XOVES 1 DE FEBREIRO NO AUDITORIO DE GOIÁN ÁS 21:30   



Rita Alonso / Goián

 Dende que comenzamos a actividade no cine Avenida da Guarda, fomos comprobando como ían desaparecendo os cines da comarca e mantivemos a cita mensual cos abonados, buscando sempre cine de interés, alonxándonos do comercial e buscando temas, xéneros e directores que conten boas historias. Para eso está o cine.   

 O ciclo comenza o próximo xoves, 1 de febreiro, no auditorio de Goián, ás 21:30 h., coa proxección de  Cidadán Ilustre, dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn. Unha comedia dramática 

 .  Sinopse: Conta a historia de Daniel Mantovani, escritor arxentino, premio Nobel de literatura que vive en Barcelona dende hai 30 anos escribindo sobre o seu pobo e os habitantes con crudeza. Concédenlle en Salas o título de Cidadán Ilustre e regresa a vila natal. Reencóntrase coa infancia, amigos, paisaxes,..., pero non todo funciona como agardaba.  

 Premios: Mellor actor (Oscar Martínez), Festival de Venecia 
 Goya: Mellor película hispanoamericana
 Seminci: Espiga de prata e mellor guión   

 O xoves, 1 de marzo proxéctase  Historia dunha paixón,  do director Terence Davis, baseada na vida da poetisa estadounidense Emily Dickinson.  

 Sinopse: A película narra a historia dunha muller moi especial, que dende a súa infancia non se adaptou á sociedade e costumes do seu tempo. Elexiu o illamento da casa familiar para escribir. Unha muller singular que a penas publicou en vida.  So despois de morrer, en 1886, a sua poesía foi publicada e recoñecida mundialmente.   

 O xoves 5 de abril chega Cartas de guerra, do director portugués Ivo Ferreira. Unha adaptación da obra de Lobo Antunes do mesmo nome. 

 Sinopse: Relación epistolar entre un soldado médico destinado en Angola, na guerra colonial, que escríbía á súa muller embarazada. Unha fantástica adaptación dun debutante que consegue co branco e negro debuxar a esperanza, a dor da separación, o enamoramento profundo na distancia.    

 O xoves 3 de maio “Paterson” escrita e dirixida por Jim Jarmusch. Narra sete días da vida dun conductor de autobús e poeta afeccionado e da súa moza. Un expléndido contraste de vidas. Él, un amante da rutina , ela, soñadora infatigable.    

 O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario