O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO RECADA OS PRIMEIROS FROITOS DA TEMPADA
CONSEGUINDO 1 OURO, 3 BRONCES INDIVIDUAIS E 1 BRONCE POR EQUIPOS, NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CROS CURTO FEDERADO NA LOCALIDADE DA RÚA DE VALDEORRAS
O presidente da Federación Galega de Atletismo coa delegación do Atletismo Trega
Infogauda / Deportes
O domingo día 28 de xaneiro de 2018, na zona recreativa de O Aguillón disputouse o campionato de Galicia de Cros curto federado individual e por equipos, que estivo organizada e dirixida pola Delegación Valdeorresa de Atletismo e a Federación Galega de Atletismo.
Desagregáronse en 3 partes:
- 1ª O Memorial Alejandro Lorenzo – campionato de Galicia de menores de Campo a través Sub 10, Sub 12 e Sub 14. - 2ª XIII Campionato de Galicia cadetes Sub 16.
- 3ª e última, XI Campionato de Galicia de Cros curto de clubs desde Sub 23, Senior, veteranos ata masters.
Cun día climatolóxicamente espectacular, e a pesar que a predición de temperaturas prevíase moi baixas, resultou distinta para esta época do ano, vivindo en Valdeorras un día xenial con todos os seus ingredientes, tendo calor, alegrías e moito éxito deportivo.
Ata alí desprazáronse moitos atletas do club Atletismo Trega de case todas as categorías para disputar este gran evento cos mellores atletas de toda Galicia na especialidade do campo a través e Cros curto, conseguindo moi bos resultados de toda a expedición do Baixo Miño.
Ás 10:30 h, abrían o campionato de Galicia de categorías menores XXII Memorial Alejandro Lorenzo de campo a través. Os máis pequenos do club (os benxamins – Sub10) farían un percorrido de 700 m, aproximadamente, onde as mozas fixeron un carreiron, clasificándose na seguinte orde:
• Paula Rocha Bautista 7ª, 3’29’’
• Amanda Martínez Sierpes 11ª, 3’32’’
• Mara González Carreira 12ª, 3’36
• Paula Martín Pousa 30ª, 4’50’’
E sumando 42 puntos en total, este fantástico grupo de mozas faríanse co bronce por equipos, deixando o seu selo para a historia do club.
Ás 10:30 h. tocoulles quenda aos mozos Sub 10 cun percorrido similar ao anterior 800 m. aproximadamente, onde quedariamos cun triste sabor de boca ao escapárllenos, a medalla entrando en meta. ´
· Yeray Dacuña Sierpes 4ª, 3’21’’
· David Domínguez Lindo 7º, 3’24’’
· Aarón Dacuña Sierpes 29º 3’56’’
Unha pena non puntuar por equipos a falta dun atleta.
Elisa Morgado Rodríguez - a dereita da imaxe -, medalla de bronce
Sobre as 10:40 h. os nosos alevíns femininos Sub 12 fixeron un percorrido de 1.500 m. aproximadamente onde seguiriamos quentando motores e conseguindo un fantástico bronce de Galicia a cargo da incombustible Elisa Morgado Rodríguez, 3ª clasificada cun tempo 6’ 22’’ e quedando con sensacións de poder facer algo máis para conseguir a prata.
· Carmen Magallanes Pérez 5ª, 6’29’’
· Mara Romeu Vicente 22ª 7’ 05’’
· Aina Bolea Díaz 45ª 7’ 32’’
· Carla Rocha Bautista 54ª, 8’ 02’’
Pódium por equipos
Quedándose ás portas do pódium por equipos, sendo as cuartas clasificadas sumando 51 puntos, onde tan só separounos do bronce, 4 puntos.
Felicitar ao resto do equipo pola súa actuación xa que para algunhas foi a súa primeira vez nun campionato Galego.
Ás 10:55 h. tocoulles a quenda aos irmáns Sierpes na categoría alevín masculino Sub 12, onde unha vez máis saíron a por todas, conseguindo o ouro e o bronce por individual, nun percorrido de 1.700 m. aproximadamente.
Álex Sierpes Pereira - no centro da imaxe - proclamaríase unha vez máis co título de campión galego de campo a través, e Christian Sierpes Pereira faríase co bronce
Nunha carreira formidable, desde a saída, tiraron do grupo do pelotón nas primeiras posicións toda a carreira onde Álex Sierpes Pereira proclamaríase unha vez máis co título de campión galego de campo a través cunha cómoda vitoria, facendo un tempo de 5’ 38’’ e 1º clasificado.
Christian Sierpes Pereira faríase co bronce na parte final onde se lle escapou a prata na última recta cun crono de 5’ 47’’, sendo 3º clasificado.
Marcela Morgado Rodríguez - a dereita da imaxe -, acadou á medalla de bronce
Pechariamos o Memorial sobre as 11:15 h. coas infantís Sub 14 mulleres onde a outra irmá Morgado ía deixar unha sensacional e intelixente carreira, de menos máis, loitando toda a carreira por esa terceira praza e conseguindo no último desenlace da proba o bronce.
Marcela Morgado Rodríguez, 3ª cun tempo de 5’ 35’’.
Moi ben tamén ás súas dúas compañeiras por animarse a participar por primeira vez nun campionato galego cun percorrido de 1.700 m. aproximadamente.
· Antía Rodríguez Otero 60ª, 7’ 04’’
· Lara Rodríguez Martínez 68ª, 7’15’’
Cando eran ás 12:15 h, disputouse a proba dos cadetes Sub 16 homes, no XIII Campionato de Galicia de cadete onde tivemos tan só a un representante do club, o tomiñés Hugo Domínguez Lindo, 21º clasificado cun tempo de 14’18’’ nun traxecto de 4 km. aproximadamente onde correu toda a carreira a ritmo constante e mantendo as mesmas posicións.
Ás 13:30 h. celebrouse o XI Campionato de Galicia de Cros curto por clubs, no cal tiñamos na categoría Senior-promesa Sub 23 mulleres a Ariana González Verde, onde se enfrontou ás mellores atletas do momento de Galicia nesta modalidade. Cunha xenial carreira desde a saída, de principio a fin, e tan só afrouxando un pouquiño na parte final, quedando nun meritorio destacado gran posto con nota de sobresaínte, conseguindo a 9ª posición cun tempo de 14’ 41’’ nun percorrido aproximadamente de 4.000m.
E por último cando eran a 13:50 h. tocoulle a quenda aos Senior-Promesa Sub 23 homes onde o club estaria representado esta vez con moi pouca presenza de atletas. Os participantes foron:
• Carlos Fernández Álvarez 70º, 13’ 51’’
• José Antonio Vázquez Fernández, 107º, 14’ 59’’.
Destacar o seu mérito pola súa participación.
Agradecer e destacar o compromiso dos 21 atletas, adestradores, directivos e como non, tamén aos seus todos os pais/nais desprazados ata a competición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario