11 de out. de 2017

MÚSICA

MARÍA JOSÉ BAZ ACTÚA ESTE XOVES NA PRAZA MAIOR DE LUGO

María José Baz Martínez
Foto: MAC

Infogauda / A Guarda

 Con motivo das festas de San Froilán, a cantautora guardesa María José Baz Martínez, actuará no quiosco da música da Praza Maior de Lugo, este venres día 12 de outubro - Día do Pilar -, a partir das 11:30 h.. Irá acompañando o Grupo de Acordeons Mascarenhas, de A Guarda, que dirixe José Luis Lorenzo Rodríguez.

A GUARDA

CINEMA

O ciclo «Cinema volta ao cole» comeza este sábado coa proxección do filme «Buscando a Dory»

O acceso é libre e gratuíto 


Infogauda / A Guarda

 O ciclo de películas «Cinema volta ao cole» regresa este outono con dúas novas achegas orientadas ao público infantil.    

 Este sábado 14 de outubro será a primeira sesión, coa proxección do filme «Buscando a Dory» ás 17:30 horas no Centro Cultural. O ciclo continuará o 11 de novembro, coa proxección da película «Trolls» á mesma hora e tamén no Centro Cultural.  



 «Cinema volta ao cole» é unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca ofrecer espazos para gozar da cultura en familia e dun xeito ameno na nosa vila. O acceso é libre e gratuíto. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Fados em Valdevez 

Cláudia Leal e Marco Rodrigues esgotaram auditório da Casa das Artes   

Cláudia Leal

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O passado fim de semana foi dedicado ao Fado em Arcos de Valdevez. 

 No dia 6 de outubro subiu ao palco da Casa das Artes Cláudia Leal para apresentar o seu mais recente trabalho "Quarto Crescente". Cláudia Leal, dona de uma voz e de uma presença que encanta, marca a diferença no panorama do fado por ser a única mulher que toca e canta. O seu novo trabalho, "Quarto Crescente", teve um plano original e possui uma particularidade inovadora; cada tema tem uma produção própria, ou do compositor ou do músico executante. Para além de contar com a participação de grandes músicos como Pedro Jóia, Rão Kyao, José Manuel Neto, Carlos Manuel Proença, Rogério Ferreira, Rodolfo Godinho, Pedro Henriques, Daniel Pinto e Vicky Marques, passa igualmente pelos grandes Poetas como António Botto, Mário Rainho, Guilherme Pereira da Rosa ou António Calém. A qualidade deste trabalho deve-se também a excelentes compositores tais como Francisco Carvalhinho, Pedro Joia, Maria Teresa de Noronha ou Ricardo Ribeiro. Este Disco é constituído fundamentalmente por fados tradicionais aos quais se juntam inéditos criados para a singularidade da voz de Cláudia Leal. Em "Quarto Crescente", Cláudia Leal apresentou-se pela primeira vez não só como autora e compositora com o tema "O Sal Vem da Saudade", mas também como executante de guitarra clássica no fado "Fado e Lisboa". No sábado, foi a vez de Marco Rodrigues apresentar “Copo Meio Cheio”. Este “filho da terra” que apadrinhou recentemente a candidatura de Sistelo a uma das 7 maravilhas de Portugal Aldeias e fortemente ligado familiarmente e por vivência a Arcos de Valdevez, veio apresentar quase em primeira mão no Auditório da Casa das Artes o seu novo trabalho, para qual se rodeou de novos compositores e letristas da música pop nacional. Trouxe instrumentos que já tinha utilizado em "Tantas Lisboas" como piano, percussão e bateria, mas deu-lhes mais espaço. Não é um disco de fado, não é um disco de pop, é um disco de Marco Rodrigues, onde a sua identidade e a sua incrível capacidade interpretativa se encontram mais definidas do que nunca.  

Marco Rodrigues

 Alguns dos compositores e autores desta nova geração com que agora gravou são bem surpreendentes uma vez que se estrearam na escrita para fado. Alguns temas não são fados, mas a alma do fado é trazida pela interpretação de Marco Rodrigues. Da lista fazem parte nomes como: Carlão, Diogo Piçarra, Luísa Sobral, Capicua, Agir, Pedro da Silva Martins, Tiago Pais Dias e Marisa Liz (Amor Electro) Boss AC, ou os ÁTOA, entre outros. Marco Rodrigues fez questão de não deixar de fora do seu novo disco o fado tradicional, que ganhou nova vida com letras de Luísa Sobral, Capicua e Carlão.  

Milay Lagarto

 No sábado, Milay Lagarto, arcuense que participou recentemente no programa Just Duet da SIC, também brilhou ao interpretar, acompanhada dos músicos de Marco, dois temas sobejamente conhecidos do público, nomeadamente “Chuva”, da fadista Marisa, e “Havemos de ir a Viana”, de Pedro Homem de Melo. 

 A Casa das Artes arcuense vibrou e encheu para duas noites magníficas onde o Fado foi rei. 

MOS

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CONCELLO DE MOS ASINAN O CONVENIO PARA MELLORAR A ESTRADA PROVINCIAL PUXEIROS-PEINADOR CUN ORZAMENTO QUE SUPERA OS 630.000 EUROS  

A presidenta Carmela Silva felicitou que a institución provincial e municipal “foramos quen de facer un proxecto común con altura de miras para o beneficio da cidadanía” 

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou que a EP-2603 soporta 8.000 vehículos ao día e é a terceira vía provincial con máis tráfico 


A presidenta provincial Carmela Silva - no centro da imaxe - e a alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, xunto co deputado de Mobilidade Uxío Benítez, asinaron o convenio polo que se realizarán as obras
Foto: D.P.

Infogauda / Mos

 A Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos ratificaron hoxe o acordo para mellorar de xeito  integral a estrada provincial EP-2603 Puxeiros-Peinador. A presidenta provincial Carmela Silva e a alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, xunto co deputado de Mobilidade Uxío Benítez, asinaron o convenio polo que se realizarán as obras, que teñen un orzamento de 632.857,31 euros, dos que a institución provincial financiará o 86,33% e o goberno local o 13,67%. 

 Segundo asegurou a presidenta Carmela Silva, o convenio “é unha resposta ás necesidades do presente e do futuro na zona e tiña que asinarse si ou si por ser unha necesidade urxente e relevante”. De feito, felicitouse porque o goberno provincial e local “foramos quen de facer un proxecto común con altura de miras en beneficio da cidadanía”. Destacou que as obras mellorarán a mobilidade no contorno e tamén favorecerán a economía dunha zona na que están instaladas un grande número de empresas e industrias. “Esta estrada dá vida á economía dunha zona moi importante e incide na loxística das empresas, polo que hoxe é un bo día”, subliñou.   

 Pola súa parte, o deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou que o proxecto de ‘Mellora da seguridade viaria da EP-2603 Puxeiros-Peinador’ suporá a rehabilitación estrutural do firme de toda a vía (preto de 2,8 quilómetros), a instalación de elementos de calmado de tráfico (coñecidos como ‘lombos’) e zonas 30, de sistemas de contención para motociclistas, nova iluminación, así como a renovación de toda a tubaxe de abastecemento de auga e a drenaxe.  

 A estrada entre Puxeiros-Peinador, segundo asegurou o deputado nacionalista, é a terceira con máis intensidade media diaria de vehículos de toda a rede provincial, soportando o paso de 8.000 vehículos diarios, dos que o 10% son de grandes dimensións. “A estrada ten unha grande capacidade vertebradora no municipio e na área metropolitana de Vigo, xa que conecta co aeroporto e vías de alta capacidade, tamén chega ata ao aeroporto, ao IFEVI e á zona industrial do Rebullón. Ante todo este tránsito, era de recibo por parte da Deputación actuar para aumentar a seguranza viaria”, dixo.  

 No que atinxe ao financiamento, o convenio asinado hoxe establece que do orzamento de 632.857 euros, a Deputación financiará 546.364,20 euros que corresponden á mellora da vía, mentres que o Concello se fará cargo de 86.493,11 euros, correspondentes ao custe da mellora dos servizos. “Este é un caso particular no que o Concello tiña previsto renovar as canalizacións. Plantexamos facer unha actuación de forma conxunta e temos que felicitarnos por colaborar entre administracións, xa que é mellor mellora facer a obra dunha soa vez”, finalizou o deputado.  

 Pola súa banda, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, manifestou a súa satisfacción pola mellora da estrada, que definiu como a máis importante dentro do Concello de Mos e a de maior tránsito na parte sur da provincia. A rexedora lembrou que o proxecto foi elaborado polo Concello no ano 2014 e que agora quedaba a fase máis custosa por acometer. “Nas diferentes reunións co deputado insistimos na necesidade desta obra porque persoas de toda a área metropolitana teñen que utilizar esta estrada por necesidade de vida, de conexión co aeroporto, cas autoestradas e ca área industrial. Será unha grande obra que agradecerán os veciños de toda a provincia”, subliñou. 

 Unha vez asinado hoxe o convenio de colaboración, aprobarase o proxecto definitivamente (xa supervisado e modificado polos técnicos da Deputación conforme aos novos criterios do decálogo de vías provinciais), e procederase á súa contratación. Segundo indicou o deputado Benítez, os trámites administrativos prolongaranse varios meses, mais a obra poderá iniciarse como moi tarde na primavera do ano que vén.  

 Rodadura EP-2601 
 Por outra parte, Benítez tamén lembrou que a Deputación de Pontevedra vai mellorar a capa de rodadura dun treito dun quilómetro na estrada provincial EP-2601 entre Mos e Puxeiros, no concello de Mos. A intención é aumentar a adherencia da vía mediante a execución dunha capa de tratamento antiescorregadizo, acadando unha mellora notable da seguranza viaria.  

 Os servizos técnicos da Deputación consideraron necesario realizar as actuacións nun treito de 1.000 metros, entre os puntos quilométricos 2+000 e 3+000, debido aos problemas que presenta o firme actual.  O orzamento para facer estes traballos, que se contratan de xeito conxunto con outras actuacións en A Cañiza, O Grove, Meis e Meaño, ascende a 53.259,94 euros. 

A GUARDA

FÚTBOL
PRIMEIRA AUTONÓMICA GRUPO 6º

O SPORTING GUARDÉS RECIBE A U. D. CANDEÁN

Domingo día 15 de outubro, ás 4:00 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña




TOMIÑO

A ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DO CONCELLO DE TOMIÑO AMPLÍA A SÚA OFERTA CUN GRUPO PARA PERSOAS ADULTAS

A PARTIRES DO VINDEIRO MARTES 17 DE OUTUBRO, COMEZAN AS ACTIVIDADES DE TEATRO NAS AULAS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE GOIÁN 


Infogauda / Tomiño

 A Escola Municipal de Teatro arrinca este novo curso cunha importante novidade, a creación dun grupo de teatro para os adultos e as adultas interesados/as en participar.  

 Aos 3 grupos existentes, de 4 a 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 17 anos, este ano incorpórase un cuarto grupo para persoas maiores de 18 anos. Esta nova ampliación nace da crecente demanda de persoas maiores de idade interesadas en asistir ás clases de teatro. Os horarios dos grupos son, respectivamente, de 17:30 h. a 19:00 h., de 16:00 h. a 17:30 h., de 19:00 h. a 20:30 h. e de 20:30 h. a 22:00 h.  

 Co novo grupo o Concello de Tomiño busca iniciar no teatro a tódalas persoas que desexen adentrarse no mundo da interpretación, e á súa vez, dar continuidade aos mozos e mozas que xa asistían ás clases de teatro e que ao alcanzar a maioría de idade non podían continuar nos antigos grupos de idade establecidos. Deste xeito, acércanse as artes escénicas a tódolos públicos, sen límite de idade e dun xeito asequible.  

 Os tres primeiros grupos teñen un máximo de 20 prazas cada un, e o grupo de persoas adultas ten un máximo de 16 prazas. O prezo da actividade é de 15 € ao mes, aínda que existen descontos para irmáns ou irmás nos grupos de menores e para familiares no grupo de maiores de idade. 

 As inscricións e toda a información necesaria están dispoñibles na Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, no teléfono 986 622 001, ou na páxina web www.tomino.gal

TOMIÑO

O CONCELLO DE TOMIÑO ESTREA 9 COLECTORES DE RECOLLIDA DE MATERIAL TÉXTIL 

INCLUÍNDO ROUPA USADA, CALZADO E TECIDOS UTILIZADOS NO FOGAR PARA A SÚA POSTERIOR RECICLAXE

Dende a Concellería de Medio Ambiente afirman que esta iniciativa constitúe un paso máis no proceso de implantación de novas recollidas selectivas, co obxectivo final de diminuír a cantidade de lixo que vai ó colector verde
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Os novos colectores instaláronse en lugares de paso ou moi frecuentados pola poboación tomiñesa tales como: os arredores do Auditorio de Goián, as inmediacións do CEIP de Goián, da gasolineira, do Centro de Saúde de Tomiño, na área deportiva de Mosteiro, en San Salvador, no aparcamento da rúa Calzado no Seixo, fronte á farmacia de Carregal e na illa de reciclaxe próxima ao CEIP de Sobrada. 

 A recollida de materiais é levada a cabo pola empresa TEXLIMCA, á cal lle foi asignado o servizo mediante un proceso de adxudicación aberto e competitivo, ao que concorreron varias empresas e no que se avaliaron diferentes aspectos do servizo, introducíndose criterios relacionados coa recuperación completa dos materiais recollidos e con campañas informativas e formativas á poboación, con especial atención ao público infantil a través dos colexios.  

 O Concello de Tomiño será así o primeiro concello da provincia de Pontevedra na que a empresa TEXLIMCA realiza a recollida téxtil. A empresa dedicase á recuperación e reciclaxe de roupa e calzado usados, para a súa reutilización e/ou reconversión en téxtil industrial. Actualmente realiza o servizo en concellos como o de A Coruña, Santiago de Compostela ou nalgúns concellos do norte de Portugal, e proximamente comezará a funcionar tamén en Vigo e Ponteareas.  

 Dende a Concellería de Medio Ambiente afirman que esta iniciativa constitúe un paso máis no proceso de implantación de novas recollidas selectivas, co obxectivo final de diminuír a cantidade de lixo que vai ó colector verde, rebaixando tanto os custes económicos como ambientais e ecolóxicos.

A GUARDA

Parte do alumnado da Guarda conmemora o Día Internacional das Nenas coa obra de teatro “O Valo”  

Unha cativa que foxe da guerra e un rapaz soldado protagonizaron o espectáculo de clown creado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.  

Alumnado de centros educativos de A Guarda asistiron no salón de actos do Centro Cultural, o espectáculo de clown “O Valo”, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Nenas
Fotos: C.A.G.  

Infogauda / A Guarda

 Parte do alumnado dos colexios PP. Somascos, San José-Carmelitas, As Solanas, Manuel Rodríguez Sinde e A Sangriña asistiron esta mañá ao Centro Cultural para visualizar o espectáculo de clown “O Valo”, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Nenas.  

 Na obra, creada por Pallasos en Rebeldía para os concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, represéntase o encontro entre unha  nena que escapa da guerra e un soldado, gardián devoto das fronteiras móbiles. Esta é, así, unha peza que chama á reflexión dos cativos e cativas poñendo o foco nas fronteiras e a situación das persoas refuxiadas.  


 Compre ter en conta que o conflito en Siria obrigou a máis de cinco millóns de persoas a abandonar o país na procura de refuxio, entre as que se achan moitas menores. Elas, especialmente vulnerables á violencia, son as homenaxeadas na obra, para que as teñamos presentes e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valados, muros e fronteiras que separan aos seres humanos. 

 A tintura cómica da representación, baseada no texto homónimo de Carlos Labraña, cativou aos preto de 150 espectadores; rapazas e rapaces que se atopan cursando 1º da ESO nos centros PP. Somascos e San José-Carmelitas, e o alumnado de 6º de primaria dos centros públicos e concertados da Guarda.  

 A concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, Elena Baz Rodríguez, presentou o espectáculo referíndose á importancia de evitar o esquecemento das guerras e das persoas que se ven obrigadas a fuxir das súas casas.

TUI

CHARLA - COLOQUIO DO BNG

"AS VERDADERIRAS RAZÓNS DA MOCIÓN DE CENSURA"

Venres 13 de outubro, ás 20:30 h., na Sala Xacobeo (Área Panorámica)



A GUARDA

O PARTIDO POPULAR CRITICA QUE A ÚNICA PROPOSTA DO GOBERNO SOCIALISTA EN DOUS MESES SON OS FESTIVOS LOCAIS 

• Conchi Ortega sinala que “o goberno leva dous anos paralizado, sen propostas e sen solucións”. 

• Pregunta á concelleira de Facenda por que en Pontevedra votou en contra de que a Deputación asuma a financiación que están aportando actualmente os concellos base dos GES, tal e como xa fai a Deputación de Ourense, e indo en contra dos intereses dos seus veciños. 

Conchi Ortega, portavoz do Partido Popular, e a súa dereita, os seus compañeiros de grupo municipal
Foto: G.M.P.P.

Infogauda / A Guarda

 O Partido Popular da Guarda critica que en dous meses, a única proposta que o Goberno bipartito levou ao pleno foron os festivos locais para o ano próximo. A voceira local do partido, Conchi Ortega, amosa a súa sorpresa porque “a xuízo do Goberno este sexa o único tema de interese para os veciños da Guarda”. Así, pregunta si “os veciños merecen este Goberno”, e incide en que “hai problemas na Guarda moito máis urxentes que solucionar e en lugar de ofrecer respostas, o Alcalde leva dous anos paralizado, sen propostas e sen solucións”. Como exemplos, a popular refírese aos “múltiples reparos suspensivos de intervención que, engade, lles din que están xestinando mal e nin se inmutan”. 

 Conchi Ortega resalta que é o traballo do PP o que está dando contido aos plenos municipais. “Se non fora pola oposición non habería de que falar nos plenos”, engade. Na última sesión, que se celebrou este martes, o PP criticou que o Concello da Guarda continúe sen unha ordenanza para cobrar os seguros pola intervención do GES que, recordou, o seu mantemento e financiamento recibe investimento da Guarda cando dá servizo a outros concellos limítrofes que non aportan nin un só euro. “Por non facer un papel, A Guarda está perdendo cartos”, sinalou. Sobre este tema, a voceira popular preguntou á concelleira de Facenda por que en Pontevedra votou en contra de que a Deputación asumise a financiación que están aportando actualmente os concellos base dos GES, tal e como xa fai a Deputación de Ourense, e indo en contra dos intereses dos seus veciños. 

 Ademais, o PP tamén presentou unha moción para buscar unha solución aos reparos de intervención despois de que os socialistas se saltasen a orde de prelación de pagos. “Onte aprobouse co apoio da maioría, pero temos moitas dúbidas sobre que vaian a facer algo con este acordo”. Neste senso, Conchi Ortega recorda que se adoptaron moitos acordos a instancias do grupo municipal popular que finalmente non tiveron ningunha repercusión. Así, refírese á proposta do PP para cambiar o baremo a aplicar ás familias no acceso á Escola Infantil, que segue sen facerse ou a ordenanza da emerxencia social. 

 TEMAS QUE PREOCUPAN AOS VECIÑOS 
 O PP tratou outros moitos temas sempre relacionados ca Guarda no pleno, “temas que son os que realmente lle preocupan aos veciños, facendo unha oposición directa ao goberno da Guarda e a través dos que se puxeron de manifesto non só a mala xestión do goberno, senón tamén a súa ineficacia e contradicións ante a perda de subvencións.

 Algunhas das cuestión que plantexaron os populares foron adecentar a rotonda do Vial, “chea de maleza e que é un claro reflexo da desidia e deixadez do Goberno”; ou os problemas de seguridade e salubridade na Praza de San Marcos, “onde hai moitas queixas dos veciños”. Tamén preguntaron por que os fondos da Deputación van para cidades como Vigo, para instalacións deportivas, cando na Guarda hai unha demanda urxente para construír un pavillón. “Con moito menos do que destinan a Vigo aquí teríamos solucionado un problema, e non hai que esquecer que as Deputacións están para apoiar aos pequenos e medianos concellos”

 A maiores, tamén reclamaron melloras en rúas, marquesiñas, mobiliario urbano roto, parques infantís, luminarias, etc