20 de feb. de 2017

A GUARDA

Primagas canalizará e distribuirá gas natural no Concello da Guarda 

· Está previsto que as obras comecen no verán e as primeiras subministracións, en outubro 
  
·A compañía enerxética levará enerxía limpa e eficiente ás zonas non urbanas de Galicia


Joost Korver, director xeral de Primagas, xunto o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz 


Natalia Saavedra / A Guarda      

 A compañía enerxética Primagas canalizará e distribuirá gas natural no Concello da Guarda.      

 O municipio pontevedrés é un dos puntos chave da expansión de Primagas en Galicia. Esta compañía preséntase como unha alternativa ao oligopolio de gasóleo actual, ofrecendo unha enerxía limpa e eficiente en zonas non urbanas que se encontran afastadas dos gasodutos principais.      

 “En Primagas poremos o noso foco nos próximos anos en atender esta demanda de gas natural. Pensamos que a nosa presenza será moi positiva para Galicia e as súas zonas rurais”, declara Joost Korver, director general de Primagas. 

 Nos vindeiros anos, Primagas investirá máis de 20 millóns de euros en Galicia. Está partida irá destinada a clientes, para axudalos nos cambios de gasóleo a gas, como a infraestruturas que leven o gas a vilas ou barrios enteiros. Ademais, tamén investirán en Galicia en instalacións para a almacenaxe de gas preto dos seus clientes para poder ofrecer así un servizo óptimo.     

 Primagas na Guarda     
 Está previsto que as obras de Primagas comecen nos próximos meses de verán e avancen de xeito que provoquen as menores molestias posibles á vila. Desta forma, as primeiras subministracións empezaranse a realizar a comezos do outono.      

 Ademais, a partires do verán habilitarán unha oficina comercial na Guarda, lugar no que se atenderá a todos aqueles que desexen beneficiarse do gas cidade.

 Actualmente, Primagas está a traballar co Concello trazando o circuíto que realizará esta nova rede enerxética no municipio. “Fixemos un estudo detallado da zona e estamos a traballar coa administración para coordinalo todo e ocasionar as menores molestias posibles á vila, debido ás obras”, afirma Joost Korver.   

 Primagas é unha empresa especializada en gas, con máis de 20 anos de experiencia, para todo tipo de clientes das zonas non urbanas. Aparta do consumo familiar, tamén ofrecen gas propano ou gas natural licuado ás empresas e industrias. 

  Sobre Primagas     
 Primagas, compañía enerxética presente no mercado español desde 1996, forma parte do Grupo SHV Energy, líder mundial en distribución de gas que dá servizo a máis de 30 millóns de clientes en todo o mundo. O obxectivo de Primagas é converterse na empresa de referencia no mercado enerxético das zonas non urbanas, mellorando as condicións de vida dos seus clientes, a través dunha solución enerxética eficiente e limpa.     

 Primagas, con máis de 12.000 clientes en España, está formada por un cadro de persoal de 50 persoas e unha extensa rede de instaladores acreditados repartidos polo territorio español. Ademais, a compañía conta con catro delegacións comerciais en Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, así como con tres plantas situadas no Porto de Barcelona, Zaragoza e mais Segovia. 

A GUARDA

A OMIX da Guarda organiza un obradoiro de cociña sobre a elaboración de chocolates    


Infogauda / A Guarda

 A OMIX da Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, está a organizar e levar a cabo numerosos e diversos cursos e obradoiros formativos nestes meses de comezo de ano.  

 Un destes obradoiros de formación que acaba de anunciar está encadrado no sector da cociña e, en concreto, será un taller sobre elaboración de chocolates. Os participantes aprenderán a realizar chocolates con froitos secos, chocolates con crema e froita, pralinés e bombóns ou filigranas e decoracións, entre outras cousas.  

 O prezo desta actividade é de 26 euros, no que xa se inclúen todos os materiais que serán necesarios para a realización dos chocolates. O obradoiro terá lugar os días 15, 22 e 29 de marzo, das 19:00 ás 21:00 horas.  

 Para realizar as inscricións e para máis información pode dirixirse á OMIX, a través do teléfono 986 614 546, no correo electrónico informacion@aguarda.es ou no perfil de Facebook da OMIX.

A GUARDA

O CONCURSO DRAG QUEEN GUARDÉS, GRAN NOVIDADE DO ENTROIDO 2017 

O Concurso terá lugar o sábado 25 na Carpa da Alameda á 1 da madrugada e as representacións dos Drag Queen estarán acompañadas pola música dun DJ


Infogauda / A Guarda

 Os guardeses xa están listos para dar comezo ao Entroido 2017. Para que os veciños podan desfrutar ao máximo destes días de festa, dende a Concellería de Cultura da Guarda prepararon unha completa programación de actividades xa anunciadas. De entre as variadas actividades que se levarán a cabo, o Entroido guardés 2017 presenta unha gran novidade: o Concurso Drag Queen Guardés.  

 Trátase dunha iniciativa creada para impulsar unha tradición moi arraigada na vila como é a de ver cada ano aos homes disfrazados de muller ou ás mulleres vestidas de atavíos de festa. Búscase, por tanto, que non se perda unha tradición moi vencellada á vila e que trae recordos dunha época na que os mariñeiros viñan a terra para celebrar o entroido e saían coas roupas das súas parellas.  

 O Concurso terá lugar o sábado 25 na Carpa da Alameda á 1 da madrugada e as representacións dos Drag Queen estarán acompañadas pola música dun DJ. No caso dos participantes, prégase que cheguen á carpa media hora antes do inicio do concurso para identificarse ante os organizadores, que estarán na zona do palco.  

 Neste concurso pode participar calquera home ou muller maior de 18 anos vestido de muller e as inscricións poden realizarse no Departamento de Cultura do concello dende o día 15 ata o 23 en horario de 9 a 14 horas, no correo electrónico cultura@aguarda.es ou o propio sábado 25 ata unha hora antes do concurso. Non é necesario achegar ningunha documentación, só nome, apelidos, teléfono de contacto e o nome que usarán no concurso.  

 O xurado valorará cinco apartados principais: vestiario, maquillaxe, posta en escena e interpretación, naturalidade e estilo e orixinalidade. Os tres concursantes que acaden a maior nota, terán premio. Para o primeiro clasificado, será unha cea para dúas persoas. O segundo e terceiro posto recibirán un vale de compra en establecementos da Guarda. 

 Dende o concello anímase a todos a participar e facer desta unha nova tradición do Entroido guardés nunha noite chea de música, disfraces, troula e moitas ganas de pasalo ben nas rúas da Guarda.

EMIGRACIÓN

Xa están dispoñibles as axudas de ata 8.000 euros para a creación de empresas por parte de galegos do exterior que retornan 

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega por parte de persoas galegas retornadas, que xa deron pulo ata o de agora a medio centenar de iniciativas  

Esta iniciativa complementa, sen excluílas, as axudas para emprendedores doutros departamentos autonómicos e doutras institucións públicas e privadas  

Xunto coas Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior, e as axudas extraordinarias para paliar situacións de dificultade, son as tres liñas coas que Emigración reforza o retorno  

Esta é a primeira das convocatorias que porán ao dispor dos galegos do Exterior máis de 850.000 euros neste ano 2017


Infogauda / Santiago de Compostela

 O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras para a concesión de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas. A finalidade destas axudas é promover este retorno “subvencionando os gastos que leva consigo o seu establecemento como traballadores autónomos ou por conta propia, ou ben como membros traballadores en sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado”.
P ara o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, “estas axudas supoñen unha tripla avantaxe para a sociedade galega no seu conxunto. A primeira, é que cumprimos o mandato estatutario, que obriga ás institucións galegas a axudar e fomentar que os galegos da diáspora regresen á terra. A segunda, que moitos e moitas destes emprendedores traen a Galicia uns coñecementos, experiencia, e modos empresariais, innovadores e competitivos. E a terceira e máis importante, que mercé a estas empresas e negocios, créanse novos postos de traballo e aséntanse no territorio novas iniciativas emprendedoras, con recursos humanos e económicos que ata o de agora se gardaban ou movían no Exterior”.
 Esta convocatoria ten dado pulo a medio centenar de empresas desde a súa posta en marcha, e a súa concesión complementa, sen excluílas, as axudas doutros departamentos da Xunta, como a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou o IGAPE, para autónomos e emprendedores galegos, residan onde residan. Tamén son perfectamente compatibles coas que convoquen outras institucións e organismos, públicos e privados.

 Exemplos de negocios axudados

 Entre os negocios que se teñen posto en marcha impulsados por estas axudas atópanse unha academia de idiomas, diversas distribuidoras en liña, un obradoiro de restauración, unha clínica dental, unha tenda delicatessen física e en liña, un proxecto de agricultura ecolóxica, unha tenda especializada en té, varias asesorías especializadas, ou un local de restauración con ludoteca para nenos, entre moitas outras iniciativas.
 A iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración subvenciona os gastos que leva consigo o establecemento do negocio, sendo obxecto de subvención para os destinatarios os gastos de notaría e rexistro, tributos, licencias administrativas, servizos profesionais externos, gastos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pago para a realización de vendas en liña, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamento de local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, e subministración de servizos imputables ao desenvolvemento da actividade (tales como calefacción, auga, electricidade, telefonía e/ou internet).
 A contía tope da axuda é de 8.000 euros por iniciativa de emprego ou autoemprego, e para acollerse cómpre, entre outros requisitos, ter a condición de persoa galega retornada, que teña fixada a súa residencia en Galicia, e que estea dado de alta nalgúns dos réximes da Seguridade Social ou mutualidade do Colexio Profesional que corresponda.
 Das solicitudes concedidas na convocatoria do pasado ano 2016 deste programa, os beneficiarios tiñan anterior residencia en Venezuela (o caso máis numeroso), Arxentina, Brasil, Reino Unido, Estados Unidos, Francia, Alemaña, Irlanda, Dinamarca, e Suíza. Dos negocios implantados, 10 teñen sede na provincia da Coruña, 4 na de Ourense, 2 na de Pontevedra e 1 en Lugo.

 Outras dúas liñas

 Ademais das axudas ao retorno emprendedor, a Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha neste ano 2017 as bolsas específicas para captar á mocidade galega no Exterior mellor formada, e fomentar o seu retorno á Galicia territorial: as “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior”, que xestionará Emigración en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as universidades galegas, e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, queren atraer cada ano a galegos que viven fóra para que rematen aquí a súa formación, traballen en Galicia e fixen definitivamente a súa residencia no territorio galego.
 Esta nova medida captará para Galicia o talento máis brillante de entre as mozas e os mozas residentes fóra, fomentando o retorno da poboación activa laboral e contribuíndo a fixar novos residentes no territorio. A oferta centrarase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego. Trátase da principal novidade no orzamento para 2017 da Secretaría Xeral da Emigración, e nela se inviste integramente o incremento do mesmo: 500.000 euros.
 Finalmente, o departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda non esquece a aquelas persoas que, por diversas causas vitais, requiren unha actuación máis dinámica e veloz por parte da Administración autonómica. Así, Emigración fai un acompañamento urxente a quen o necesita a través das “Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas” (cun so pago único por retornado), destinadas a facer fronte a aquelas causas sobrevidas derivadas do retorno e que requiren dunha atención social perentoria. Para esta liña de actuación destínanse este ano nos orzamentos da Secretaría 200.000 euros.  

ECONOMÍA

Cláusula suelo: los afectados no se fían de los bancos
  • ​​
    El 89% no cree que los bancos vayan a devolver voluntariamente a los afectados todo el dinero cobrado en exceso por la cláusula suelo.
     
  • 6 de cada 10 usuarios opina que el Real Decreto de medidas urgentes sobre las cláusulas suelo solo beneficia a los bancos, según una encuesta realizada porreclamador.es entre más de 1.500 clientes.
  • Mañana se cumplen dos meses de la sentencia europea y un mes de la aprobación del Real Decreto
 
Cristina Naveda / Madrid

 La banca española tiene otro frente abierto: ganarse la confianza de sus clientes para sacar adelante las reclamaciones extrajudiciales de las cláusulas suelo. Y es que los usuarios no se fían de los bancos tampoco en este aspecto. El 89% de los afectados no cree que los bancos vayan a devolver voluntariamente a los afectados todo el dinero cobrado en exceso por la cláusula suelo. Sólo el 11% restante considera que la banca procederá a devolver las cantidades pagadas en exceso desde la firma de la hipoteca, unos 8.000 euros de media, según los cálculos de reclamador.es

 Mañana se cumplen dos meses de la sentencia europea del 21 de diciembre que confirmó la retroactividad total para los afectados de cláusulas suelo obligando a la devolución de todas las cantidades desde la firma de la hipoteca y un mes de la aprobación del Real Decreto, que entró en vigor el pasado 21 de enero, y que establece un procedimiento extrajudicial (obligatorio para los bancos y opcional para los afectados) para resolver estas reclamaciones. La mayoría de los bancos comenzará a atender las reclamaciones por cláusulas suelo esta semana. Las cláusulas suelo se han sumado a los excesos de comisiones y los abusos cometidos por las entidades bancarias en los últimos años, como lo fueron las preferentes, hipotecas multidivisa, bonos abusivos, etc. Con estos antecedentes, que han salpicado en mayor o menor medida a prácticamente todas las entidades, la confianza del sector está seriamente dañada. 

 Tampoco el ámbito político sale bien parado. Más del 60% de los encuestados porreclamador.es, en concreto el 63%, opina que el Real Decreto de medidas urgentes aprobado por el Gobierno con la colaboración de PSOE y Ciudadanos,  solo “beneficia” a los bancos. Un 9% considera que beneficia a bancos y consumidores en igual medida y solo un 28% considera que beneficia a los consumidores principalmente. 

A sí se desprende de una encuesta realizada a más de 1.500 usuarios de reclamador.es, compañía online de reclamaciones líder en España. La encuesta ha sido realizada entre el 10 y el 16 de febrero y cuenta con un nivel de confianza del 95% y un error muestral del +/-1,5%(pq=0,90) considerando el número de afectados por cláusulas suelo en España que el Gobierno ha estimado en 1.5 millones de personas, si bien reclamador.es y asociaciones de consumidores vienen estimando cifras superiores. 

 La primera pregunta realizada fue “Recientemente el Gobierno aprobó un Real Decreto de medidas sobre cláusulas suelo. ¿A quién crees que beneficia más?”En cuanto a la segunda pregunta realizada fue “¿Confías en que los bancos vayan a devolver voluntariamente todo lo cobrado de más por las cláusulas suelo a los afectados?”. 

 Al respecto de estos resultados, Pablo Rabanal, CEO y fundador de reclamador.es, considera que “se confirma que la confianza hacia el mundo financiero y político está por los suelos y los hechos demuestran que la justicia es la única garantía de obtener el total de lo que el banco cobró de más con las cláusulas suelo abusivas a millones de españoles”. 

reclamador.es ha asesorado a más de 20.000 clientes en reclamaciones a bancos y es la única compañía que ofrece un estudio gratuito de cláusula suelo a los usuarios sin adelantar ningún tipo de gasto.

LABORAL

O sector galego dos centros de chamadas volve á rúa para reclamar un convenio digno 

Amplo seguimento da nova xornada de folga convocada pola CIG


Infogauda / Vigo

 Os traballadores/as galegos/as do sector dos centros de chamadas están a secundar amplamente a folga de 24 horas convocada pola CIG para reclamar un convenio colectivo xusto. Centos de empregados/as aproveitaron a xornada para mobilizarse polas rúas da Coruña, Vigo e Lugo en demanda dunhas condicións laborais dignas e para rexeitar a proposta patronal, que supón unha importante perda de poder adquisitivo.

 Nesta ocasión as protestas centráronse en reivindicar unha subida salarial que permita recuperar o poder adquisitivo perdido ao longo destes anos, xa que a CIG entende que a proposta achegada pola patronal é claramente insuficiente ao estar moi por debaixo do IPC. De feito, segundo os cálculos da central un teleoperador/a perdeu de media dende o ano 2009 arredor de 832 euros anuais. “Isto significa que deixamos de ingresar o equivalente a unha nómina, aínda que a perda salarial aínda pode ser maior tendo en conta que o IPC de xaneiro foi do 3,2% en Galiza”, indica Laura Pérez, responsábel da CIG-Centros de chamadas.

 A representante sindical lembra tamén que o sector leva un total de 26 meses sen convenio colectivo e coas nóminas conxeladas dende 2014 -“mentres os prezos suben de xeito cada vez máis acusado”- porque a patronal bloquea a negociación a nivel estatal ao atoparse cómoda con esta situación. Diante disto, a CIG, como sindicato maioritario no sector a nivel galego, optou por propoñerlle ao resto de centrais “a nosa vontade de unificar posicións para convocar protestas conxuntas”. Mais, segundo critican, non obtiveron resposta, polo que decidiron promover un día de folga en solitario.  

 Ao mesmo tempo, coincidindo coa xornada de paro -cuxo seguimento a CIG cifra nun 65%- a central desenvolveu mobilizacións na Coruña, Vigo e Lugo. No primeiro caso consistiu nunha manifestación dende a sede de Atento na rúa Juan Flórez até a tenda de Movistar da Praza de Pontevedra. Tanto en Vigo como en Lugo celebráronse concentracións, no primeiro caso xunto á farola de Urzaiz e no segundo diante da empresa Abante BPO.

TORROÑA (OIA)

OBRADOIRO DE COCIÑA DE ENTROIDO PARA NENAS/OS

Mércores día 1 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas, nas Escolas de Torroña


PEDORNES (OIA)

FESTA DE ENTROIDO INFANTIL 2017 EN OIA

Sábado día 25 de febreiro, de 17:00 a 19:30 horas, na Casa Cultural de Pedornes



A GUARDA

CULTURA

AGROMA NA GUARDA A “SEMANA POR ROSALÍA” 

A gran cita da “Semana por Rosalía” terá lugar este xoves 23 de febreiro ás 20:30 horas no Centro Cultural, no “Festival por Rosalía” 







Infogauda / A Guarda

 Tal e como fora anunciado pola Concellería de Cultura do Concello da Guarda en días pasados, este luns día 20 de febreiro deron comezo na vila as actividades programadas dentro da “Semana por Rosalía”. Agroma así unha iniciativa que celebrará cinco días adicados á figura de Rosalía de Castro, en conmemoración do 180 aniversario do nacemento da escritora, o 24 de febreiro.   

Maruxo, poeta guardés, nun dos recitais da actividade“Rosalía na Escola”
Fotos: C.A.G.

  A primeira das actividades que xa deu comezo este luns foi “Rosalía na Escola”, un recital de poemas ofrecidos do luns ao mércores por Maruxo nos centros de primaria da vila. 

Deseños feitos por alumnas/os dos diferentes centros educativos de A Guarda

 Outra das actividades que tamén se iniciaron é a realización dun “Mural por Rosalía”, que os alumnos e alumnas dos centros de secundaria da Guarda xa comezaron a realizar para render homenaxe a autora máis importante das nosas letras a través dun deseño.
  


 Durante o resto da semana seguiranse desenvolvendo estas e outras actividades adicadas a Rosalía de Castro, como a sesión de Contos Contados do sábado 25 de febreiro, que se celebrará ás 11:30 horas na Biblioteca Municipal, e que servirá para que os máis cativos da vila tamén aprendan máis sobre a figura clave da poetisa.
  



 Non obstante, a gran cita da “Semana por Rosalía” terá lugar este xoves 23 de febreiro no “Festival por Rosalía” organizado dende o Concello da Guarda. Os veciños da vila teñen ese día unha cita ás 20:30 horas no Centro Cultural, na que será unha celebración da vida e obra da escritora. Para isto haberá un recital de poemas de Rosalía a cargo de Maruxo e de rapaces da vila, ademais das actuacións de Coro Fuscalheiro, Son'Godins e o Grupo de Baile Xamaraina.  
 Dende o Concello convídase a todos a esta celebración da vida e obra de Rosalía de Castro, a asistir a unha cita tan importante coa cultura galega como será o “Festival por Rosalía” deste xoves e a unirse á iniciativa “Cada día un poema”, compartindo de luns a venres un poema da escritora, cada día, nas redes sociais.

A GUARDA

A LOITA DAS MULHERES NO KURDISTÁN

Palestra no Centro Cultural da Guarda, o venres día 24 de febreiro ás 20:00 h.



Centro Social O Fuscalho / A Guarda

 Este venres 24 de febreiro, às 20:00h, o Centro Social O Fuscalho organiza no Centro Cultural de A Guarda umha palestra sobre a loita das mulheres no Kurdistám. 

 Durante estes días, o Fuscalho junto com outras asociaçons galegas, organiza umha serie de palestras que procuram dar a conhecer a realidade kurda. Ditas palestras seram impartidas por umha componhente da plataforma Rojava Azadí.  A palestra achegara-nos a atualidade desta loita de liberaçom das mulheres no Oriente próximo. A través de umha análise histórico moderna sobre o papel da mulher dentro do Partido dos Trabalhadores do Kurdistám e sobre a pelexa dupla, interna e externa, que as mulheres tiverom e tenhem que desenvolupar.  

 Mostrarase quales som as estruturas organizativas das mulheres nas quatro partes do Kurdistám, nas organizaçons que a componhem e sobre as súas práticas atuais no terreo. Mediante um repaso histórico de figuras femininas dentro da história moderna do país, porase em valor a súa labor para as companheiras kurdas. 

 A palestra, rematará com um repaso das teorías de liberaçom da mulher e a súa filosofía, condensada em um novo paradigma científico, político e ideológico, conhecido como Jineolojî.

DEPORTES

PIRAGÜISMO

OS TEIXUGOS PARTICIPARON NA 1ª COPA GALEGA DE SLÁLOM EN SALVATERRA

Un dos participantes en plena competición
Foto: Rosa Fernández Carrera

Informa (Redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera / Salvaterra de Miño

 Onte domingo, día 19 de febreiro, celebrouse en Cordeiro (Salvaterra de Miño), a 1ª Copa Galega de Slálom, primeira das competicións oficiais de 2017. A xornada caracterizouse por unha baixa participación, entre as filas dos Teixugos destacaron as ausencias de Andrea González, Luís Fernández e Manuel Ochoa, ao atoparse fóra da Comunidade Galega. 

 O Club Deportivo Miño acudiu con 10 deportistas nas diferentes categorías. En K1 muller sénior, Laura Soutelo rematou primeira, e Marina Ruedas foi segunda; Ariadna Pereira cuarta en K1 júnior, Alba Soutelo foi segunda, e Ainhoa Barreiro, terceira en K1 muller infantil. En C1 infantil Samuel Castro rematou terceiro, en K1 infantil Sergio Martínez tamén foi terceiro, e na categoría sénior Brais Castro, foi segundo tanto en C1 como en K1. Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño rematou no cuarto lugar. 

 Destacar tamén a participación dos Teixugos no XXIII Slalom Internacional de Fridâo, un clásico deste deporte que se celebra cada ano nesa localidade portuguesa. Esta proba tivo lugar a pasada fin de semana e nela Brais Castro acadou o segundo posto en canoa, por detrás do olímpico José Carballo. 

 A próxima cita será os días 4 e 5 de marzo en Mondariz, onde se celebrará a 1ª Copa de España e 2ª Copa Galega.