20 de feb. de 2017

DEPORTES

PIRAGÜISMO

OS TEIXUGOS PARTICIPARON NA 1ª COPA GALEGA DE SLÁLOM EN SALVATERRA

Un dos participantes en plena competición
Foto: Rosa Fernández Carrera

Informa (Redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera / Salvaterra de Miño

 Onte domingo, día 19 de febreiro, celebrouse en Cordeiro (Salvaterra de Miño), a 1ª Copa Galega de Slálom, primeira das competicións oficiais de 2017. A xornada caracterizouse por unha baixa participación, entre as filas dos Teixugos destacaron as ausencias de Andrea González, Luís Fernández e Manuel Ochoa, ao atoparse fóra da Comunidade Galega. 

 O Club Deportivo Miño acudiu con 10 deportistas nas diferentes categorías. En K1 muller sénior, Laura Soutelo rematou primeira, e Marina Ruedas foi segunda; Ariadna Pereira cuarta en K1 júnior, Alba Soutelo foi segunda, e Ainhoa Barreiro, terceira en K1 muller infantil. En C1 infantil Samuel Castro rematou terceiro, en K1 infantil Sergio Martínez tamén foi terceiro, e na categoría sénior Brais Castro, foi segundo tanto en C1 como en K1. Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño rematou no cuarto lugar. 

 Destacar tamén a participación dos Teixugos no XXIII Slalom Internacional de Fridâo, un clásico deste deporte que se celebra cada ano nesa localidade portuguesa. Esta proba tivo lugar a pasada fin de semana e nela Brais Castro acadou o segundo posto en canoa, por detrás do olímpico José Carballo. 

 A próxima cita será os días 4 e 5 de marzo en Mondariz, onde se celebrará a 1ª Copa de España e 2ª Copa Galega. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario