2 de dec. de 2017

PATRIMONIO

A provincia de Pontevedra acollera en 2018 a Asemblea Estatal da Ruta dos Fenicios 

A elección confirmouse onte venres en Ibiza na clausura da asemblea deste ano na que a Deputación de Pontevedra foi o único representante galego

Participantes da Asemblea Estatal da Asociación "A Ruta dos Fenicios", celebrada en Ibiza
Foto: D.P.

Infogauda / Pontevedra

 A provincia de Pontevedra acollerá en novembro de 2018 a Asemblea Estatal da Asociación "A Ruta dos Fenicios", segundo confirmouse onte venres día 1 de decembro, na clausura do encontro 2017 na cidade de Ibiza, na que participaron distintas administracións públicas e entidades culturais. 

 Xa na primeira xornada, a institución que preside Carmela Silva foi escollida para liderar a promoción e difusión na fachada atlántica peninsular, desta importante Ruta Cultural denominada das "Kasitéridas", o camiño desenvolvido polos fenicios para abastecerse de estaño na antigüidade e que, podería non estar localizado nas illas británicas como creíase ate de agora, senón nas costas galegas.  

 A Deputación de Pontevedra se integra neste Itinerario ao través dos restos fenicios e púnicos documentados en xacementos como Monte do Castro en Ribadumia, A Lanzada en Sanxenxo, Monte do Facho en Cangas, e  Punta do Muíño do Vento, en Vigo, onde se localizaron importantes restos da presenza dos fenicios nas nosas costas. Na primeira xornada en Ibiza, a institución provincial presentou o traballo que se está a facer nos xacementos onde se documentaron pezas arqueolóxicas de procedencia mediterránea ou elementos claramente vinculados co mundo púnico.  

 A Ruta dos Fenicios é un dos Itinerarios Culturais Internacionais recoñecidos polo Consello de Europa, que pasa por 18 países e por máis de 80 cidades, e que se centra no legado de fenicios e púnicos de tres continentes. Está considerado como o Itinerario da Interculturalidade mediterránea e é a conexión das grandes rutas marítimas utilizadas polos fenicios desde o século XII a C., como o principal medio de comunicación comercial e cultural no Mediterráneo. A través destas rutas, os fenicios, navegantes e expertos comerciantes, deron orixe a unha gran civilización que se asentou a través da súa expansión en Occidente, para o desenvolvemento de intercambios de produtos manufacturados, de persoas e ideas, e para a creación dunha ' koiné' (comunidad) cultual mediterránea e difusión da mesma.  

 Con respecto ás Kasitéridas a hipótese máis aceptada, é que as famosas Illas do Estaño ó Kasitérides correspóndense co arquipélago de Scilly no Reino Unido. De ser así, podería afirmarse que o navegante cartaxinés Himilcón alcanzou as costas de Britania desde Gadir (Cádiz). Con todo, non é esta a única posibilidade que se barallou ao longo da historia. 

 José Cornide, no século XVIII, facendo referencias a escritos de Estrabón subliña no seu escrito máis crítico que "As Kasitéridas, ou Illas do Estaño, restituídas aos mares de Galicia", na que defende que as citadas illas pertenceron a España e estaban situadas ou ben enfronte das costas galegas (e acharíanse cubertas polo mar na actualidade) ó ben serían as mesmas rías e as illas próximas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario