CURSO DE COIDADO E APOIO DE COIDADORES DE PERSOAS MAIORES
Raquel Pérez Fernández
AEDL Concello de Oia
O Concello de Oia organiza un Curso de Coidado e Apoio de coidadores de persoas maiores destinado aos que coidan de persoas maiores con alto nivel de dependencia.
O programa inclúe coñecer os recursos sociais que ofrece a Lei de dependencia, indagar nas situacións persoais e sociais da figura do coidador e dotar de habilidades e recursos para previr o esgotamento emocional.
O curso terá unha duración de 20 horas, será impartido por Cruz Vermella, no Centro cultural de Pedornes, do 11 ao 14 de decembro, en horario de 15:00 a 20:00 horas.
Prazas limitadas e inscripción por Rexistro de entrada do Concello ata o día 11 de decembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario