O comité de folga mantén o paro do día 13 na Xustiza galega despois do "brinde ao sol" da Xunta
Celebraranse manifestacións e concentracións ás 12.00 horas nas sete grandes cidades de Galiza
A CORUÑA: Manifestación. Ás 12:00 horas. Saída de Capitán Juan Varela pasa pola Fábrica de Tabacos e chegada ao Tribunal Superior de Xustiza.
SANTIAGO: Concentración ás 12:00 horas no Edificio Xulgados, Fontiñas.
FERROL: Concentración ás 12:00 horas no Edificio Xulgados, rúa Coruña.
LUGO: Concentración ás 12:00 horas no Edificio Xulgados rúa Armando Durán.
OURENSE: Concentración ás 12:00 horas no Edificio Xulgados, rúa Velázquez.
PONTEVEDRA: Manifestación ás 11:30 horas. Saída de A Parda ata a Audiencia provincial.
VIGO: Manifestación. Ás 12:OO horas. Saída Edificio Xulgados, rúa Lalín.
O comité de folga do sector da xustiza galega - formado por CIG, SPJ-USO, CUT, UXT, CSIF, STAJ, e CC.OO.- mantén a segunda xornada de folga convocada para este mércores día 13 de decembro, despois do "brinde ao sol" da Xunta, por non achegar un documento con propostas para "avanzar" na mellora das condicións laborais.
A Administración "non moveu ficha".
O documento presentado ao comité de folga só recolle as reivindicacións que realizan as centrais sindicais, sen cantidades nin prazos, que é o que reclaman. Non hai ningún avance. Por iso, o comité de folga, ratifica a convocatoria de folga do 13 de decembro e advirte de que se non cambia a postura da Administración, continuarán coas mobilizacións.
O conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, incumpre o acordo parlamentario do 5 de decembro, ao non realizar ningunha oferta ao comité de folga e ao non garantir aos traballadores de xustiza as melloras nas súas condicións laborais.
A Consellería, lonxe de tender pontes para o diálogo entre as partes, a dinamita. A falta de vontade política para o diálogo é evidente: a Xunta pode pero non quere. Non houbo avance porque a Administración non trouxo motivos para avanzar.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario