11 de dec. de 2017

GOIÁN

O CINECLUB POLEIRO DE GOIÁN, PROXECTA A PELÍCULA FRANCESA, FRANTZ

FRANTZ é unha película pacifista sobre a culpa e a relación entre vencedores e vencidos no final da I Guerra Mundial 



 Rita Alonso Pérez / Goián

 O xoves, 14 de decembro, no auditorio de Goián ás 21:30 horas o Cineclub Poleiro proxecta FRANTZ, unha película dirixida por François Ozon. 

SINOPSE: Pouco despois da I Guerra Mundial, nunha cidade alemana, Anna vai todolos días visitar a tumba do seu prometido Frantz, que morreu na guerra en Francia. Un día descubre a un misterioso mozo francés deixando frores na mesma tumba. O home viaxou cun obxectivo que non pode cumprir polos acontecementos. A reación, nun entorno de vencidos nesa guerra, é imprevisible. Construida cun xogo de branco e negro e cor, Ozon trasládanos ao mundo que uns imaxinan e outros quixeran ter vivido.

Premios

2017: Premios del Cine Europeo: Nominada á Mellor actriz (Beer) e guión. 
2017: National Board of Review (NBR): Mellores películas extranxeiras do ano. 
2016: Premios César: Mellor fotografía. 11 nominacions. 2016: Festival de Venecia: Mellor nova actriz (Paula Beer).

CRÍTICA: "Ozon leva a cabo un exame íntimamente épico e cheo de romanticismo (...) Faino exhibindo unha nitidez narrativa deslumbrante, e unha impecable recreación de época (...)" Puntuación: ★★★★ (sobre 5)" Nando Salvá: Cinemanía

 O xoves, 11 de xaneiro, unha película iraniana, o Viaxante, dirixida por Asghar Farhadi.  

 Unha parella ten que deixar o seu piso de Teherán. Cando se instalan noutro un incidente relacionado co anterior inquilino cambiará radicalmente a súa vida.    

 O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño

Ningún comentario:

Publicar un comentario