17 de dec. de 2017

CULTURA

PRESENTACIÓN DA PUBLICACIÓN "MARUJA MALLO"  

O luns, día 18 de decembro, ás 20:00 h., na Biblioteca Municipal de Viveiro (Lugo)  



Infogauda / Viveiro

 O próximo luns, día 18 de decembro, terá lugar a presentación de Maruja Mallo. Ana María Gómez González Mallo (Viveiro, Lugo, 1902-Madrid 1995) monográfico realizado con motivo da celebración do Día das Artes Galegas, no que se homenaxeou á insigne pintora vivairense. Publicado pola Deputación provincial de Lugo, é a súa autora a Académica Numeraria da Sección de Expertos nas Artes e Conservadora da Institución, dona María Victoria Carballo-Calero Ramos. No acto intervirán don Darío Campos Conde, presidente da Deputación provincial de Lugo, doña María Loureiro García, alcaldesa de Viveiro e a autora da citada publicación.   

DÍA: Luns 18 de decembro 
HORA:  20:00 horas 
LUGAR: Biblioteca Municipal de Viveiro (Lugo)  

 No acto terá lugar tamén a inauguración da exposición do expediente administrativo polo cal se otorgou a Maruja Mallo unha bolsa de estudos da Deputación provincial de Lugo en 1926. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario