16 de dec. de 2017

GOIÁN

A AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN DÁ A BENVIDA AO NADAL CO SEU TRADICIONAL CONCERTO NO AUDITORIO 

A ACTUACIÓN SERÁ ESTE DOMINGO 17 ÁS 18:00 HORAS. OS ASISTENTES DEBERÁN ENTREGAR UN QUILO DE ALIMENTOS QUE SERÁN DOADOS A SOS TOMIÑO


Infogauda / Goián

 Aproxímase o Nadal é con el unha das actuacións máis especiais e máis esperadas do ano, o tradicional Concerto de Nadal da Agrupación Musical de Goián, que este ano da o pistoletazo de saída á programación deseñada polo concello de Tomiño para que os tomiñeses e tomiñesas gocen en familia destas datas. O concerto terá lugar o domingo 17 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio de Goián.  

 Como ven sendo habitual, neste concerto participará boa parte do alumnado da escola de música, dende os máis pequenos e pequenas de Xardín Musical ou Música e Movemento ata a banda infantil e a Agrupación Musical de Goián, cos músicos máis veteranos.  

 Aproveitando a ocasión, a organización pídelle ao público asistente que colabore doando un quilo de comida que se doará á entidade solidaria SOS Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario