A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NO TEN ACTUALIZADA Á INFORMACIÓN GRÁFICA SOBOR DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
Segundo á páxina web da Deputación de Pontevedra esta fotografía corresponde a "Actual sede da Entidade Local Menor" de Camposancos
Infogauda / Camposancos
As veces semella que as institucions públicas non teñen moito interese en actualizar os datos que fornecen súas páxinas web. Poida que iso aconteza porque non se revisa periódicamente o que nelas se publica e así á información, co inexorable paso do tempo, máis que informar, ten un efecto inverso. Ou cando menos, non axustado á realidade. Iso é o que acontece, en certo xeito, na páxina web da Deputación de Pontevedra, onde no referente á Entidade Local Menor de Camposancos figura unha descrición histórica da mesma, que por razóns obvias, en canto a espazo pode considerarse aceptable. Non así no referente á imaxe incluida no arquivo fotográfico onde figura unha foto - que reproducimos nesta crónica - co seguinte pe de foto: Actual sede da Entidade Local Menor.
A devandita fotografía - publicada, como decimos, na web de Deputación de Pontevedra - non se corresponde coa actual sede da Entidade Local Menor de Camposancos, ubicada na Praza de San Amaro - tamén coñecida polos veciños como O Terreiro -, que é un inmoble de dúas plantas (descoñecemos súa superficie total) - construído nunha parcela de 707 m2, de superficie, sendo alcalde pedáneo de Camposancos, Manuel Álvarez Alonso, do PP -; senón que se trata da sede precedente, que estaba situada na rúa Outeiro, nº 32, que segundo á información dispoñible tiña unha superficie construida de 20 m2.
Nesta fotografía pódese ver a fachada principal da actual sede da Entidade Local Menor de Camposancos, ubicada na Praza de San Amaro
Foto: Infogauda
En base o sinalado, suxerimos á actualización, por parte da Deputación de Pontevedra da información gráfica para que a imaxe da sede actual da Entidade Local Menor de Camposancos se corresponda coa realidade, que por certo, como é obvio, non ten nada que ver coa que figura na web da Deputación, onde consta: "Última modificación 03/03/2004". É decir, con unha fotografía totalmente obsoleta, o longo de máis de 13 anos. Polo menos.
RESUMO HISTÓRICO DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
A Entidade Local Menor de Camposancos está considerada como a máis antiga de todas as que existen en Galicia, funcionando xa a finais do século XIX unha Xunta Administrativa para a xestión dos bens do Couto de Camposancos, de acordo co previsto nas leis municipais de 1870 e 1877. Este couto dependía inicialmente no Antigo Réxime do bispado de Tui, séndolles arrendados os seus bens ós veciños desta parroquia no ano 1761 e posteriormente redimido este foro a favor dos mesmos no ano 1870, grazas o indiano guardés D. Joaquín Alonso Martínez, que había retornado de Puerto Rico en 1865, con unha importante fortuna, e ademais de ser un dos máis importantes propietarios da provincia de Pontevedra, foi tenente de alcalde en 1868, e alcalde de A Guarda nos anos 1869 e 1870.
A parroquia de Santa Isabel de Camposancos créase en 1798, logo da súa escisión da de San Lourenzo de Salcidos. Nos períodos liberais anteriores ó definitivo establecemento constitucional dos concellos aparece como concello propio; na definitiva distribución aprobada para o Partido Xudicial de Tui en 1836 esta parroquia inclúese dentro do concello da Guarda, situación que se mantén ata a actualidade.
Ten esta parroquia unha superficie total de 412 hectáreas nas que residen uns 960 habitantes, distribuídos nos lugares de Camposancos e A Pasaxe. Inclúese no territorio desta parroquia unha parte do Monte Santa Trega - da que é titular a Comunidade de Montes en Mán Común da parroquia de Camposancos - e dispón de coñecidas praias, como O Forte (tamén coñecida popularmente como O Muiño), A Lamiña, O Caldeiro, A Pasaxe, etc.
Como Entidade Local Menor é recoñecida polo Concello de A Guarda, logo da aprobación do Estatuto Municipal de 1924, en data 28 de abril de 1925, constituíndose definitivamente na sesión do 23 de maio de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Domingo Domínguez.
Bibliografía consultada:


Ningún comentario:
Publicar un comentario