1 de dec. de 2017

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA PRESENTA O SEU PLAN DE ACCESIBILIDADE  

O próximo martes día 5 de decembro ás 11:30 h., na Casa dos Alonso

Rúa Joaquín Alonso, tamén coñecida como Praza Nova, na vila guardesa
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O próximo martes día 5 de decembro ás 11:30 h., na Casa dos Alonso presentarase o “Plan de mellora da Accesibilidade na Vila da Guarda”. 

 Este plan foi redactado a través de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ao aveiro do plan concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. 

 Este documento - afirman desde o executivo municipal do concello guardés - recolle a situación actual da accesibilidade nas principais rúas do casco urbano, organiza e racioaliza tódalas posibles actuacións nel, integradas por areas de intervencións e prioridade segundo o alcance e viavilidade da súa execución

 Contempla ademais a valoración da accesibilidade nas praias de Area Grande, Fedorento e O Forte (tamén coñecida como O Muíño). 

 Tal e como afirman dende o executivo municipal “o principal obxectivo do plan é servir de folla de ruta para mellorar a accesibilidade universal na Guarda”.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario