OS MELLORES DO GHRUPO, PRESENTAN "A IDADE DO PAVOSAURIO"
Este sábado día 2 de decembro, ás 20:00 h., no Centro Cultural da Vila
Infogauda / A Guarda
Este sábado día 2 de decembro, ás 20:00 h., no Centro Cultural da Vila, Os mellores do ghrupo, de Santa María de Oia, porá en escea "A idade do pavosaurio", de José Cedena Sánchez-Cabezudo (Malpica de Tajo -Toledo - España -,1955).
A entrada é un quilo de alimentos non perecedoiros, a beneficio da asociación humanitaria guardesa San Vicente de Paúl.
SIPNOSE
"A idade do pavosaurio" é unha comedia creada en 2008, de uns 90 minutos de duración.
Esta obra pretende, sobre todo, facer rir ao espectador pero tamén tenta, dalgunha maneira, render unha homenaxe aos maiores, á vez que facernos reflexionar sobre unha realidade actual e avogar pola liberdade de todo o mundo para tentar ser felices co que lles apeteza en cada momento sen marcar límites nin poñer barreiras por cuestión de idade. Lisarda e Tereso son dous vellos de oitenta e catro e oitenta e cinco anos respectivamente que conviven co fillo dela e a filla del -un matrimonio, doutra banda, non moi ben avenido-. Os dous octoxenarios pásanse todo o día rifando entre eles; o que fai que as diferenzas xa existentes entre o matrimonio aumenten máis aínda, provocando que ambos os anciáns acaben nunha residencia, onde se desenvolve todo o segundo acto. A pena por sentirse abandonados termina por solidarizalos e fai que entre eles xurda algo imprevisible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario