17 de nov. de 2017

OIA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN Á SAÍDA DO CONCELLO DE OIA DA MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO


Infogauda / Oia

 O Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do concello oiense á seguinte iniciativa:

RETIRADA DA MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO

 En data do 20 de xullo de 2015 (R. E. nº 1.655), este Grupo Político presentou unha Moción o Pleno no que na súa parte resolutiva se manifestaba: “O Concello de Oia, acorda a súa retirada da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, e da inicio o procedemento para facer efectiva a súa desvinculación con este ente”.

 No Pleno celebrado o día 30 de xullo de 2015, se levou a debate esa Moción, e se pode “refrescar a memoria” dos Grupos Políticos sobre as intervencións dos correspondentes portavoces, nas que se reflexan, entre outras:

 1º.- Polo PSOE: dados os cambios políticos ocurridos nos concellos, hai a intención de reconducir a Mancomunidade a realización de cousas distintas as obras, como é a potenciación turística da zona… A día de hoxe nada de nada, seguimos igual ou peor. 

 2º.-  Polo PP: Os concelleiros do PP din que o material non ven gratis e non resulta rentable. Se intentou cambiala pero non se consiguiu….Que se debe poñer orde para que funcione, porque doutro xeito a xente pode ter a sensación que non funciona.  

 Se acorda deixar o tema sobre a mesa, (supoñemos que para estudialo e buscar unha solución beneficiosa para o noso Concello e non seguir como ata agora. Nos, pola nosa parte, estivemos recabando información, contrastando datos, custos, etc., e a conclusión e clara. No Concello perde diñeiro –en boa cantidade, números que poremos en claro o longo do debate plenario- estando incorporado a Mancomunidade. 

 Polo ante dito, dende Converxencia Galega, vimos a presentar ao Pleno para o seu debate e aprobación si procede, a Moción deixada sobre a mesa no Pleno do 30.07.2015 (R. E. nº 1.655 do 20.07.2015) que textualmente, reproducimos o inicio deste escrito: 

 “O Concello de Oia, acorda a súa retirada da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, e da inicio o procedemento para facer efectiva a súa desvinculación con este ente”. 

  Oia, a 13 de novembro do 2.017      

 Luis Giráldez Figueiró; José Manuel Romero Martínez;   Angel Portela Rodríguez 

Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia

Ningún comentario:

Publicar un comentario