17 de nov. de 2017

RANDUFE (TUI)

A ASOCIACIÓN CULTURAL XUNTANZA CONTINÚA COA VIII MOSTRA TEATRAL MIGUEL TRONCOSO

O domingo día 19 de novembro, ás 18:00 h.

E o día 25 de novembro, vaise desenvolver unha charla e un roteiro que leva por título: “Recoñecemento de plantas silvestres comestibles”



 A. C. Xuntanza / Randufe (Tui)

 A Asociación Cultural Xuntanza, de Randufe (Tui) vai desenvolver unha charla e un roteiro que leva por título: Recoñecemento de plantas silvestres comestibles”.

 Temos o pracer de contar coa colaboración do biólogo Cesar Lema que ven de publicar o seu libro “Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza”. Nunha charla explicaranos os usos das plantas silvestres e de seguido faremos un pequeno roteiro para identificalas.  

 Quedades emprazados para o sábado 25 de novembro de 10:30 a 13:30 na nosa casa cultural. O roteiro é de balde pero podedes colaborar aportando aceite de cociña usado. O autor tamén terá o seu libro a venda por importe de 25€.


 Recorda que o próximo domingo 19  e ó ultimo día da nosa VIII Mostra teatral Miguel Troncoso.   

 Domingo 19 de novembro ás 18:00 horas: actuará o grupo de Teatro do Centro Cultural San Fins de Rebordans, coa comedia “O Indiano”. A historia dun pobo pódese transformar, dun día para outro, cando hai gañas e vontade.  

 Para entreter ós máis cativos teremos taller de chapas, manualidades, taller de pintacaras e xogos durante a representación das obras os días 12 e 19 a cargo de En un tristrás.

Ningún comentario:

Publicar un comentario