O MUNDO DOS COGOMELOS
O Concello do Rosal, organiza unha xornada micolóxica para o sábado día 18 de novembro
Foto: C. O. R.
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal organiza unha xornada micolóxica que terá lugar o sábado día 18 de novembro, con arranxo o seguinte programa:
10:00 – 11:30 Charla no Muíño das Aceñas.
Daremos os primeiros pasos para coñecer o mundo dos fungos e os seus froitos, os cogomelos: o seu modo de vida, a importancia ecolóxica, a súa clasificación, importancia da súa xestión, lexislación,...
11:30 – 14:00 Saída de campo.
Roteiro para a observación e identificación de cogomelos. Recoméndase levar caderno de campo para anotacións e cámara fotográfica.
Prezo: 14,00 € / persoa.
Incricións no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal. Teléfono: 986 625 000 ext.4
Ningún comentario:
Publicar un comentario