4 de nov. de 2017

O ROSAL

ROMARÍA DE SAN MARTIÑO NO ROSAL

Domingo día 12 de novembro de 2017



Infogauda / O Rosal


 O vindeiro domingo día 12 de novembro será a romaría de San Martiño. 

 Ás 10:30 h. terá lugar a saída do santo dende a igrexa parroquial de Santa Mariña en procesión ata a ermida - ubicada no Campo do Couto -, onde ás 12:00 h. oficiarase unha misa solemne con sermón. 

 A tradicional romaría estará amenizada polo Grupo de Gaitas Albariños de O Rosal, que animará e propiciará un ambiente festivo durante todo o día. 

Mural da autoría de DoctorToy, no barrio do Picón (Fornelos)
Foto: C.O.R.

 A tradicional baixada terá lugar ao remate da xornada, pasando polos diferentes barrios como o do Picón, onde poderá apreciarse o recente mural que realizou o muralista coruñés David Brey Vázquez (DoctorToy), á instancia da Comunidade de Augas do Picón (Fornelos), adicándollo a seu patrón San Martiño de Tours.

Ningún comentario:

Publicar un comentario