17 de nov. de 2017

DOMINGO 19 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL EN RECORDO DAS VÍCTIMAS DA VIOLENCIA VIAL 2017


MANIFESTO DE STOP ACCIDENTES. #uncompromisoXlavida 

 Hoxe, como estableceu a ONU, conmemoramos o Día mundial en recordo das vítimas da violencia viaria e manifestámonos unidos con todos os países do mundo, e especialmente coa Federación Iberoamericana de Asociacións de vítimas contra a violencia viaria. 

 En España, constatamos o aumento da sinistralidade durante o pasado ano 2016: 1.810 persoas falecidas, un 7% máis que o ano anterior e 9.755 feridos graves hospitalizadas, un 3% máis, segundo datos da DXT. Aínda seguimos sen unha educación viaria en valores obrigatoria nas nosas escolas e denunciamos a última modificación do código penal que creou máis impunidade. Seguimos reclamando a creación dun Pacto de Estado que impulse todas as medidas necesarias para previr a violencia viaria. O noso obxectivo segue sendo: CERO VÍTIMAS polo que seguimos reclamando medidas preventivas de convivencia cidadá para protexer a vida de todos os usuarios da estrada, especialmente aos máis vulnerables: peóns, nenos, persoas maiores, ciclistas e motoristas. 

 Non nos cansaremos de esixir que a seguridade viaria sexa unha prioridade política e un compromiso formal de todas as institucións do Estado para tomar medidas e impulsar os cambios necesarios para lograr a cultura da seguridade viaria. É un deber moral do goberno e de respecto pola vida de todos os cidadáns que vai moito máis alá dunha simple declaración. Pedímoslles transformar as súas palabras en actos. 

 O DECENIO DE ACCIÓN POLA SEGURIDADE VIARIA proposto pola ONU son compromisos sen cumprir por parte dos gobernos a nivel mundial. Estamos indignados, unha vez máis a poboación máis vulnerable é a que sofre as terribles consecuencias dos sinistros de tráfico. Hoxe 3.000 persoas, 500 delas nenos, van perder a vida no mundo e moitos máis quedasen lesionados. Representa unha das maiores catástrofes humanas silenciada pola indiferenza dos gobernantes e da sociedade. Son máis de 1 millón 300.000 persoas que falecen e causan lesións a 50 millóns de persoas cada ano. O 90% deses sinistros prodúcense nos países en vía de desenvolvemento e sabemos que se poden evitar. Os nosos seres queridos son a nosa memoria e a memoria traza o camiño, queremos percorrelo xuntos, desprazar horizontes porque a todos correspóndenos actuar, polo que convocamos a toda a sociedade, para que entre todos podamos construír un mundo mellor e máis seguro, en beneficio da vida. 

1 MINUTO DE SILENCIO EN HOMENAXE AOS NOSOS SERES QUERIDOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario