17 de nov. de 2017

A GUARDA

O BNG apoia o proxecto de recuperación da rúa Concepción Arenal

Ángel Luis Baz Vicente, voceiro municipal do BNG na Corporación Municipal guardesa: “O BNG votará a favor dun proxecto transformador para A Guarda e esixe o compromiso da Xunta para o novo aceso ao porto da Guarda” 

Ángel Luis Baz Vicente, voceiro municipal do BNG na Corporación Municipal guardesa


Infogauda/ A Guarda

 O BNG vai apoiar a sinatura do Convenio entre o Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra que poñerá en marcha un dos proxectos máis transformadores para o Concello da Guarda, a remodelación da rúa Concepción Arenal. Así dese xeito, sen ningún xénero de dúbidas, ven de pronunciarse Ángel Luis Baz Vicente, voceiro municipal do BNG na Corporación Municipal guardesa.

 “En todo momento - engade Ángel Luis Baz - pulamos por un proxecto que dese prioridade ás persoas, en especial aos colectivos máis esquecidos: nenos, persoas maiores, persoas con mobilidade reducida”.

 “O BNG débese a seu programa electoral e este proxecto, xunto co do novo acceso ao porto, son os piares básicos para a transformación real da Guarda nun concello accesíbel, atractivo e sostíbel”, remarca o voceiro nacionalista.  

O BNG esixe compromiso ao PP e a Xunta co acceso ao porto  


 Para os nacionalistas é preocupante o desleixo con que a Xunta actúa ca súa obriga de dotar ao sector pesqueiro guardés dun novo acceso o Porto.

  

 O BNG foi quen de desatascar a parálise na que estaba este proxecto, vinculándoo a un proxecto sectorial que o afasta dun PXOU sen consenso no que o PSOE o tiña afundido, relembra Ángel Luis Baz.  

 Ante a nova situación que se abre, o BNG insta ao alcalde da Guarda a encabezar unha fronte común na que conte coas formacións políticas e os axentes sociais e esixir á Xunta do PP un compromiso efectivo para a execución dese novo acceso a Porto, para iso terá sempre ao BNG ao seu carón”, conclúe o voceiro nacionalista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario