18 de nov. de 2017

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

BOTA A ANDAR A CATEGORÍA INFANTIL DA LIGA GALEGA DE HOCKEY LIÑA

Nela debutará un renovado equipo do clube guardés A Guarda Hockey Liña.  

Compoñentes do clube A Guarda Hockey Liña
Foto: A.H.L.

Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Mañá domingo no pavillón Daniel Cordido, de Lugo, disputarase a primeira Sede da Liga Galega de Hockey Liña, e nela debutará un renovado equipo do clube guardés A Guarda Hockey Liña.  

 Os guardeses enfrontaranse ás once da mañá ós Trasnos de Ribadeo e as dúas e cuarto a Alquimia InLine da Coruña na que promete ser unha xornada chea de emocións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario