ATLETISMO
HUGO GARCÍA E ELSA PENA, OS MÁIS RAPIDOS
Na categoría escolar da San Martiño, 2017 celebrada na cidade de Ourense
Elsa Pena Vicente, entrando victoriosa en liña de meta
A campioa Elsa Pena Vicente - centro da imaxe - no podio de Ourense
Informa: Alberto Pena Lomba
Son cada vez máis. É unha cifra en continuo ascenso. As carreiras de escolares e cativos da San Martiño teñen o seu propio aceno de identidade. Gañada con suor. Foron os outros grandes protagonistas da Popular. Os datos non amenten. Na cita escolar, 2.765 mozos cruzaron a liña de meta.
Elsa Pena Vicente, en plena carreira
Os primeiros en arrincar foron os escolares. Ritmo alto e nomes habituais na cabeza do grupo. Hugo García (Ximnástica de Pontevedra) foi o máis rápido con 15:01. Entre as mozas, a atleta guardesa Elsa Pena Vicente (Club Atletismo Tui - Thermalia), brillou cun tempo de 16:28.
Ningún comentario:
Publicar un comentario