2 de nov. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

MÚSICA E PALABRAS

Este sábado día 4 de novembro, ás 20:00 h., na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos



Infogauda / Camposancos


 A Xunta Reitora da Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos, organiza unha nova sesión de Música e PalabrasSerá este sábado día 4 de novembro, ás 20:00 h., na Casa Cultural da devandita comunidade.

 Música e Palabras constitúe toda unha acertada proposta cultural aberta, na que calquer persoa non soio pode asistir como público, senón que ten á oportunidade de ler un texto propio ou de outro autor, clásico ou contemporáneo; recitar, tocar algún instrumento,...

 A verdade é que a Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos é todo un ateneo que destaca polo seu dinamismo.  Ad multos annos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario