A BOIA DE METEOGALICIA, FONDEADA NO PORTO DE A GUARDA
A boia de Meteogalicia foi remolcada por unha embarcación ata o porto de A Guarda
Foto: María Rodríguez Martínez
Infogauda / A Guarda
A Boia de A Guarda, estación océano-meteorolóxica, pertencente a rede meteorolóxica que MeteoGalicia tiña ubicada a 41° 54,28' de latitude e -8° 53,85' de lonxitude, desde o 29 de xullo de 2010, nas proximidades da localidade de A Guarda e que algúns veciños víñamos observando como se ía desprazando cada certo tempo en dirección Norte, rematou liberándose das amarras.
Segundo pudo saber este xornal dixital os tripulantes dunha embarcación decidiron remolcala e traela para o porto da nosa localidade, onde o sábado o mediodía se atopaba fondeada no lugar coñecido como Muelle Alto, desde onde aparentemente seguía cumplindo súa función.
Esa boia facilitaba información do estado do ceo, dirección - en grados meteorolóxicos a nivel do mar - e forza do vento, temperatura do aire, altura significativa, dirección do mar - dirección media de propagación do oleaxe -, temperatura da auga, período das olas - período pico -, as marés (cos horarios locais de cada pleamar e cada baixamar, así como ás alturas de cada unha delas), orto e ocaso, así como á fase lunar de cada xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario