22 de nov. de 2017

A GÁNDARA (A GUARDA)

ECONOMÍA PON EN MARCHA DOUS CURSOS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA PARA DESEMPREGADOS EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN LAS SAMARITANAS DA GUARDA
  
· A xefa territorial de Presidencia en Pontevedra, Marta Mariño, participou na inauguración deste curso que beneficiará a  15 persoas en situación de desemprego  

· A Xunta de Galicia oferta este ano 318 accións formativas na provincia para persoas desempregadas de cara a incrementar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral, o que supón un orzamento de 14,4 millóns de euros  


A xefa territorial de Presidencia en Pontevedra, Marta Mariño, participou esta mañá na inauguración dos cursos AFD (Acciones Formativas para Desempleados) que puxo en marcha a Fundación Las Samaritanas

Infogauda / A Gándara (A Guarda) 

 A xefa territorial de Presidencia en Pontevedra, Marta Mariño, participou esta mañá na inauguración dos cursos AFD (Acciones Formativas para Desempleados) que puxo en marcha a Fundación Las Samaritanas, de A Gándara (A Guarda), grazas a colaboración económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.  Trátase de dous cursos destinados a atención sociosanitaria a persoas no domicilio e a persoas dependentes en institucións sociais para un total de 15 alumnos. O curso ten 468 horas das cales 18 son de módulos transversais e 450 de certificado de profesionalidade. O orzamento destas dous iniciativas é de 33.3798 euros, sendo impartido por 3 docentes.  

 Marta Mariño explicou aos alumnos e alumnas que esta iniciativa “permitirá reorientar a traxectoria profesional das persoas en situación de desemprego, xa que no actual contexto resulta imprescindible reciclarse e formarse en novas materias; adaptarse para competir con máis recursos no panorama actual do mercado de traballo”.  

 Con este fin, a  Xunta de Galicia oferta, este ano, 318 accións formativas na provincia de Pontevedra para persoas desempregadas  de cara a incrementar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral.    

 Deste xeito, aumentáronse en 57 os cursos previstos inciais, destinándose a este fin 14,4 millóns de euros.   

 “Pero nada de esto sería posible sen a impliación dos axentes sociais, tanto  das organizacións empresariais así como das entidades sociais. Neste caso, cabe felicitar sen dúbida á Fundación Las Samaritanas da Guarda pola súa aposta pola formación sociosanitaria, tanto para persoas no domicilio como para dependentes en institucións sociais”, engadiu a xefa territorial.  

 Teñen preferencia para a participación nos cursos os seguintes colectivos de persoas desempregadas: mulleres (especialmente vítimas de violencia de xénero), parados de longa duración, menores de 30 anos, persoas con discapacidade, persoas que teñan subscrito e vixente un itinerario personalizado de inserción, en risco de exclusión social, persoas con baixa cualificación e aquelas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen acreditacións parciais. Permítese tamén a participación de ata un 25% de persoas traballadoras ocupadas a condición de que as prazas non se cubran por desempregados.  

 “Co plan formativo que se pon hoxe en marcha”, matizou Marta Mariño, “pretendemos atender aos requirimentos de competitividade das empresas, recoñecendo os sectores en alza e cualificando ás persoas desempregadas nas habilidades que demandan nos novos viveiros de emprego”, desexándolles moita sorte aos 15 participantes na súa busca posterior de emprego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario