27 de out. de 2017

SANIDADE

A Xunta de Galicia acada un acordo con CCOO, UGT, Satse, CSIF e SAE para desconvocar a folga prevista para principios de novembro 

O Sergas e os sindicatos chegaron a acordos en aspectos como a implantación dun sistema de carreira ordinaria 

O Servizo Galego de Saúde comprometeuse a negociar en mesa sectorial as repercusións da reforma da Lei de Saúde nas condicións de traballo dos profesionais

Infogauda / Santiago de Compostela

 O Servizo Galego de Saúde e os sindicatos CCOO, UGT, SatseE, CSIF y SAE chegaron hoxe a un acordo que permite desconvocar a folga prevista entre os días un e tres de novembro.
 Entre os aspectos firmados neste acordo, destaca a negociación das bases da carreira ordinaria de todo o persoal do Sergas, que deberá estar rematada no mes de xuño do vindeiro ano.
 Nestas bases de carreira ordinaria, contemplarase un sistema transitorio de encadre para o acceso, por unha soa vez, a un único grao (grao I ou sucesivo). Sinalar que o recoñecemento deste grao requirirá un mínimo de permanencia como persoal estatutario fixo e responderá a un procedemento específico de avaliación, que se determinará nas bases da futura carreira ordinaria. Será na segunda metade de 2018 cando se proceda á convocatoria e recoñecemento administrativo dos novos graos de desenvolvemento profesional derivados do sistema transitorio.
 Outro dos aspectos recollidos no acordo de hoxe atinxe ao ámbito dos permisos e licencias. Para iso vaise é constituír unha comisión técnica para a elaboración dun documento no ámbito do Sergas, que recolla a normativa das vacacións, licencias, permisos e outras ausencias xustificadas do persoal estatutario.
 Ademais, o Servizo Galego de Saúde e os sindicatos van negociar en mesa sectorial as posibles repercusión que poida ter a reforma da Lei de Saúde nos condición de traballo do persoal do Sergas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario