O DEPARTAMENTO DE MOBILIDADE DA DEPUTACIÓN D EPONTEVEDRA APROBA SEIS CONVENIOS E PROXECTOS PARA OBRAS EN ESTRADAS PROVINCIAIS DE PONTEVEDRA, MARÍN, BARRO, O GROVE E TUI
O orzamento total das actuacións, que comezarán a executarse a principios de 2018, supera os 5,6 millóns de euros
Uxío Benítez Fernández, deputado de Mobilidade
Foto: D.P.
Infogauda / Pontevedra
O Servizo de Mobilidade provincial aprobará na Xunta de Goberno de mañá venres seis convenios e proxectos de mellora de estradas provinciais de Pontevedra, Marín, Barro, O Grove e Tui. O orzamento total das actuacións, segundo indicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez Fernández, supera os 5,6 millóns de euros en obras que poderán licitarse de xeito inminente e iniciarse, unha vez cumpridos todos os trámites burocráticos, a principios de 2018.
O primeiro punto da orde do día da XG é o relativo á aprobación entre o convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello deBarro para a execución do proxecto de ‘Pavimentación e dotación de servizos na EP-0505 N-550-Igrexa de Perdecanai (Barro)’. Segundo indicou o deputado Benítez, esta estrada “ten unha historia negra dentro da Deputación”, xa que foi obxecto de moitas fases de obra e a día de hoxe aínda está sen rematar.
Para solucionar o seu mal estado, o alcalde de Barro propuxo un convenio mediante o que se pavimentará a totalidade da vía, instalaranse catro ‘lombos’, crearase unha área peonil e executarase unha nova canalización de saneamento cun colector de 315 mm para servizo de pluviais. Así mesmo, corrixirase a rasante nun pequeno treito para axustar as entradas das vivendas. O orzamento da actuación é de 327.565,38 euros, que segundo o convenio a aprobar mañá se financiarán ao 70% por parte da Deputación e ao 30% por parte do Concello, que tamén deberá conseguir as cesións necesarias para executar a obra. O acordo deberá asinarse nas vindeiras semanas e despois procederase á licitación dos traballos.
Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará definitivamente os proxectos relativos á glorieta de Príncipe Felipe e da Rolda Leste de Pontevedra, no que é o último trámite burocrático antes de contratar os traballos. “Isto é unha satisfacción porque é un paso importante, definitivo, para a inminente licitación dunhas actuacións que eran unha eterna demanda por parte do Concello de Pontevedra”, manifestou Benítez.
No caso da nova entrada a Príncipe Felipe preténdese realizar un replantexamento global da mobilidade e seguranza viaria. Instalarase unha glorieta de dobre carril con dous PPS á entrada e saída, un novo sistema de iluminación con 14 novos farois (13 de sete metros de alto e un de 15 metros alto no centro da glorieta), balizas de aceiro inoxidable á entrada da rotonda, e substituirase a rede unitaria de pluviais e fecais -polo grande deterioro actual -cunha rede perimetral para recollida de auga dossumideiros e por outra paralela sen conectar en previsión dunha futura rede separativa en toda a vía.
Así mesmo, crearanse zonas seguras para o peón no acceso ao centro sen barreiras arquitectónicas, acondicionarase o peche perimetral e instalarse un novo portal metálico, habilitarase un novo aparcamento interior para usuarios do centro de cinco prazas e un muro de contención, e crearase un novo acceso a zona de cociñas e unha nova caseta de control para vixilancia e seguridade.
O orzamento da actuación é de 549.981,31 euros, que pagará de xeito íntegro a Deputación despois de ter asinado un convenio polo que o Concello de Pontevedra autoriza a ocupación das parcelas municipais afectadas polas obras. Unha vez cumprido o trámite da Xunta de Goberno de hoxe o proxecto aprobado pasa a licitación.
Por outra parte, no relativo á Rolda Leste de Pontevedra tamén se aprobará definitivamente o proxecto, que en liñas xerais consiste na execución dunha vía dunha lonxitude de 970 metros cunha única calzada e dous carrís de circulación (de 3,50 metros cada un), con beiravías dun metro máis unha berma de 0,75 metros, así como unha senda peonil para ciclistas e peóns de catro metros de largo.
O trazado, que mellorará o acceso a Montecelo e as comunicacións na zona leste da cidade, iniciarase na glorieta existente construída na PO-542 dentro da obra de desdobramento da estrada O Pino-Bora. Tomará dirección norleste, alcanzará a estrada provincial, na que se levantará unha nova rotonda, e discorrerá ata nunha terceira glorieta na estrada PO-532 nun novo entronque.
O deputado Benítez lembrou que o proxecto da Rolda Leste fora herdado do anterior goberno provincial con múltiples deficiencias técnicas e burocráticas que provocaron que, polaimposibilidade de executar as obras, a anterior adxudicataria renunciara. A actuación foraadxudicada en 2015 a Elsan por 1.122.000 euros, e as expropiacións estaban taxadas en 560.000 euros. Foi necesario redactar un novoproxectoincluíndo as esixencias da Xunta de Galicia e outras melloras, e o novo orzamento pasou a 2.066.00,38 euros, mentras que as expropiaciónspasaron a custar, definitivamente, 1.350.014 euros.
Para esta obra asinárase un convenio entre Deputación e Concello que tivo que ser modificado con sucesivas addendas e que finalmente estableceu que, do orzamento total de 3,4 millóns de euros, a Deputación pagará 1.428.007 euros e o Concello a cantidade restante. Prevese que as obras estean iniciadas na primavera do vindeiro ano.
Salnés, Baixo Miño e Morrazo
Por outra parte, a XG tamén aprobará os proxectos de ‘Actuación integral de mobilidade sostible nas EP-3004 e EP-2505 na parroquia de Caldelas (Tui)’ e a ‘Actuación integral de seguranza viaria e mobilidadesostible na EP-9106 dende a EP-9101 ata a igrexa de San Vicente do Grove’. No caso deste último proxecto preténdese fomentar mobilidade peonil e ciclista nunha zona de moito tránsito ofrecendo diferentes solucións de convivencia entre vehículos e persoas debido á sección moi estreita da vía, que contará na súa maior parte cunha nova senda peonil. O orzamento das obras é de 542.261,63, e executaranse grazas a un convenio asinado en agosto, no que se fixou que a Deputación aporta o 80% e o Concello o 20%. Segundo manifestou o deputado Benítez, traballarase coa intención de que as obras esteanfinalizadas antes do verán próximo.
Pola súa banda, o proxecto de Caldelas de Tui está orzamentado en 589.051,81 euros e fará realidade o calmado do tráfico solicitado polos veciños e veciñas da zona. Instalaranse dez pasos de peóns sobreelevados e seis redutores físicos de velocidade creando unha ‘zona 30’.Así mesmo, construirase unha senda de 2,4 quilómetros de lonxitude con 2,5 metros de largo, e mellorarase a intersección entre as dúas estradas EP-2505 e EP-3004 (que conflúen en forma de V na zona do antigo Cuartel da Garda Civil) coa instalación dunha glorieta. Taménse redeseñará espazo existente xunto a igrexa de San Martiño para poñelo en valor. As obras tamén estarán rematadas antes do verán.
Finalmente, na Xunta de Goberno de mañá modificarase o convenio de colaboración asinado en 2015 entre a Deputación e o Concello de Marín para reformar a rúa Alcalde José del Río (EP-1201). Segundo explicou o deputado Benítez, o proxecto desta actuación tamén tivo que ser reformado para adaptarse aos novos criterios provinciais para o tratamento de estradas e urbanizacións. Así, realizaranse novas beirarrúas de 2,5 metros de largo e construirase unha pasarela peonil para dar continuidade á beirarrúa esquerda sobre o río.
Así mesmo, renovarase o saneamento para evitar verquidos no colector do río Lameira, que debe ser anulado. Este eliminarase no desvío de Ponte Zapal e continuará ata atopar o colector da Avenida do Exército e a Marina, polo que se reconstruirán as acometidas das vivendas conectadas á rede actual e se instalará unha rede nova de abastecemento de auga cun ramal por cada lado da rúa.
Con respecto ao alumeado, no proxecto apóstase por instalar luminarias eficientes para completar a calidade da urbanización. Ademais, haberá axardinamento con arborado composto por Liquidambar dispostos cada dúas prazas de aparcamento.
O orzamento da actuación ascende a 240.584 euros e financiarase con fondos provinciais, dos que a Deputación aportará 120.548 euros e o Concello de Marín outros 120.000 (obtidos do PPOS-15 da institución provincial). O prazo de execución será de tres meses a partir da adxudicación dos traballos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario