JOSÉ ÁNGEL GÁNDARA RODRÍGUEZ ACADA Á MEDALLA DE OURO NA EXPOSICIÓN MUNDIAL DE FILATELIA BRASÍLIA 2017
Coa súa multipremiada colección "Columbus, Course of the Yndies"
José Ángel Gándara Rodríguez, destacado filatélico de A Guarda
Foto: Infogauda
Presentación da colección "Columbus, Course of the Yndies", (Colón, rumbo ás Indias), de José Ángel Gándara Rodríguez
Infogauda / Brasília
Do 24 ao 29 do presente mes, está a celebrarse no Centro de Convencions Ulysses Guimarâes, de Brasília (Brasil), a Exposición Mundial de Filatelia Brasília 2017, co patrocinio da Fédération Internationale de Philatélie (FIP) - entidade presidida por Tay Peng Hian -, a que concorren máis de trescentas coleccións de todo o mundo.
Alejandro López Seoane
Foto: FEGASOFI
España está representada cunha vintena de coleccións, dúas delas pertencentes a membros da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), na Clase Temática. A do guardés José Ángel Gándara Rodríguez, "Columbus, Course of the Yndies", (Colón, rumbo ás Yndias), que obtivo 90 puntos e medalla de Ouro, e a do xuvenil ourensán Alejandro López Seoane, con "Bugs to the table" (Bechos, á mesa!), que con 71 puntos conseguiu unha medalla de Prata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario