21 de out. de 2017

DEPORTES

“AS VELLAS GLORIAS DO CICLISMO” LEMBRARON A JOSÉ RIEGO LOMBA

A homenaxe tivo lugar na tarde do sábado día 21 de outubro, na vila de A Guarda

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, xunto con Dna. Raquel Martínez (Viuva de José Riego Lomba) e súa filla Isabel Riego Martínez, nos intres previos á saída da carreira "Vellas Glorias do Ciclismo"
Fotos: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Respondendo á convocatoria do Club Ciclista O Rosal, e procedentes de diversas poboacións, tanto de Galicia como doutras Comunidades Autónomas, este sábado día 21 de outubro, déronse cita na vila de A Guarda todo un equipo de ciclistas do mellor - tanto humana como deportivamente - que deu este país, para participar na carreira “Vellas glorias do Ciclismo”.

 O evento comezou pouco depois das 17:30 h., na Avenida de Galicia, á altura da Alameda, onde estaba situado o arco baixo o cal tería lugar á saída. Previamente, o xornalista deportivo Terio Carrera, que oficiou de comentarista, desde os prolegómenos ata o remate do programa previsto, daría cumplida información a traverso da megafonía, sobor da presenza de destacados ciclistas, moitos dos cales formaron parte do equipo CESANTESA - José Riego Lomba. 

 Á verdade é que á resposta dos participantes, tanto ciclistas, como directivos de equipos de toda Galicia, difícilmente podería ser mellor. 

 Dese xeito, coidamos que o Ciclismo galego soubo homenaxear á unha persoa - José Riego Lomba - que na década dos 70-80 do século XX, patrocinou un equipo ciclista que levou os nomes de Galicia e de A Guarda, por toda á xeografía ibérica e que foi toda unha canteira de ciclistas profisionais.

Oscar Pereiro - a esquerda da imaxe - conversando con outros ciclistas na Alameda da Guarda

  Esa homenaxe, como non podía ser doutro xeito, tivo lugar na Guarda, o pobo natal de José Riego Lomba. E foron súa esposa Dna. Raquel Martínez e súas fillas Isabel i Elvira Riego Martínez, as que en representación da familia, superon estar atendendo tódalas mostras de afecto que lles amosaron veteranos e non tan veteranos ciclistas, representados por Álvaro Pino Couñago - vencedor da Vuelta Ciclista a España, 1986 - que en nome de tódolos participantes - entre eles Oscar Pereiro - gañador do Tour de Francia, 2006 -, Marcial Rodríguez Rey, Ezequiel Mosquera, José Luis Sánchez de la Rocha, Jesús Rodríguez Carballido, José Teixeira, Ramón Troncoso, Gustavo Domínguez, Moisés Leboso Morais, Roberto Portela Vieira, ... - tivo unhas verbas e un xestos de agarimo para á viuva e fillas deJosé Riego Lomba.

 Pouco despois daría comezo a carreira, que consistiu en 19 voltas a un circuito urbano - Avenida de Galicia, rúa Brasil, Avenida República Dominicana e de novo Avenida de Galicia-, para culminar no Pico de San Francisco, no monte Santa Trega.

 Unha vez rematada á carreira, que contou con varios sprints especiais, tería lugar á entrega de agasallos os mellores de cada categoría.


O alcalde da Guarda, cos primeiros ciclistas que recibiron seus agasallos
Gerardo Álvarez Mrtínez - no centro da imaxe - coa praca conmemorativa que lle entregaron seus compañeiros do C.C. O Rosal

 Asemade, a xunta directiva do Club Ciclista O Rosal aproveitou á ocasión para entregarlle unha placa a Gerardo Álvarez Martínez, presidente desa entidade deportiva, pola súa labor a prol do Ciclismo no Baixo Miño.

 A xornada remataría avanzada á noite con unha cea nún restaurante da Guarda, onde tivo lugar a entrega dos premios os ciclistas que mellor actuación tiveron na carreira "Vellas Glorias do Ciclismo".

 Foi, sen ningún xénero de dúbidas, unha data para o reencontro de vellos amigos vencellados ó deporte do ciclismo, e sobor de todo, da amizade. E foi tamén, o noso modesto entender, un bó xeito de render un tributo de agradecemento póstumo a José Riego Lomba, verdadeiro paladín do ciclismo galego.


GALERÍA DE IMAXES DO EVENTO DEPORTIVO

Ningún comentario:

Publicar un comentario