FOTOGRAFÍA
ALBERTE ALONSO PEREIRA, FINALISTA NO MIAMI STREET PHOTOGRAFY, 2017
© Alberte A. Pereira
Infogauda / Miami
O fotógrafo Alberte Alonso Pereira, ven de ser seleccionado finalista do certame internacional Miami Street Photografy, 2017.
Os xuices da primeira ronda do MSPF 2017, prestixioso certame de fotografía de rúa, Charalampos Kydonakis ("Harry o sucio"), Alison McCauley, Tavepong Pratoomwong, Tina Schelhorn e Rebecca Smeyne, tiveron unha tarefa nada doada para revisar milleiros de entradas i elexir 99 finalistas.
Entre eses 99 finalistas, temos a satisfacción de salientar que encabeza a listaxe - debido a orde alfabética -, o guardés Alberte A. Pereira, e tan soio figuran na mesma outros dous fotógrafos españois: Guille Ibañez e Ivan Margot.
Os demáis seleccionados son de Israel, Marrocos, Rusia, Italia, Thailandia, Polonia, Chipre, Qatar, Corea, Estados Unidos, Brasil, Francia,...
Alberte A. Pereira defínese como fotógrafo autodidacta e independente.
Seu interese pola fotografía, fixo que realizara cursos e talleres con renomeados fotógrafos como José Manuel Navia, Eduardo Momeñe, Walter Astrada e Óscar Molina entre outros
Concursos / premios:
- 2º Premio no LensCulture Street Photography Awards 2017, categoría Series, cunha serie do proxecto FRAGMENTOS
- Finalista no Miami Street Photography Festival (MSPF) 2017
- Finalista no StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography Awards 2017, categoría Series, cunha serie do proxecto FRAGMENTOS
- Seleccionado no TOP 100 do LensCulture Street Photography Awards 2016.
- Finalista no StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography Awards 2016
- Finalista no London Photo Festival - Street Photography Competition 2016
- Finalista no Miami Street Photography Festival (MSPF) 2015
Exposicións individuais:
- "FRAGMENTOS" - Casa Museo Casares Quiroga - A Coruña (2017)
- "FRAGMENTOS". DINAMOCoworking - Vigo (2017)
- "Unha mirada subxectiva do cotián" (2014-2015)
Exposicións Colectivas:
- LensCulture Street Photography Awards (2017) no SF Camerawork, de San Francisco
- Miami Street Photography Festival (2017 no History Miami's Center for Photography
- StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography Awards (2017) no Harvey Milk Photo Center, 50 Scott Street, San Francisco
- "docealcuadrado" (+ info aquí) - [NO IMPORTA] Taller Creativo - A Coruña (2016-2017)
- "A lanterna máxica" - Vigo (2016)
- StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography Awards (2016) no Joe Goode Annex, 499 Alabama Street, San Francisco
- London Photo Festival - Street Photography (2016) en The Bridge Lounge
- Miami Street Photography Festival (2015) no HistoryMiami's Center for Photography
- 1ª Exposición Colectiva do grupo Galiza B/N (2014)
Ningún comentario:
Publicar un comentario