8 de set. de 2017

GOIÁN (TOMIÑO)

TOMIÑO CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A XVIII FEIRA ESTATAL DA BIODIVERSIDADE AGRÍCOLA 

A FORTALEZA DE GOIÁN ACOLLERÁ ESTE DOMINGO DIFERENTES POSTOS E OBRADOIROS RELACIONADOS CO TEMA 



Infogauda / Goián

 A XVIII edición da Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola, celebrarase esta fin de semana en Goián (Tomiño).  

 O encontro está organizado pola Rede Galega de Sementes e a Red de Semillas “Resembrando e Intercambiando”, coa colaboración do Concello de Tomiño, e terá lugar na parroquia de Goián; concretamente, no local social do Centro Goianés, o día 9, e na Fortaleza de San Lourenzo, o domingo 10.     

PROGRAMA  

Sábado, 09 de setembro. XORNADA TÉCNICA PÚBLICA 
Lugar: Local Social Centro Goianés (Goián), Tomiño.  

. 11:00-13:00 h. Mesa redonda sobre fruticultura e variedades locais. Experiencias locais de viveirismo e prospección a cargo de:  Ramiro Javier Martínez, “Viveiro O Pomariño” e Asociación Galega Froita Autóctona (A Coruña). 

Miguel Silva, Núcleo Agro Ecolóxico do Campo do Geres (Portugal).  

Efrén Martín, “Arbole Viveiros” de froiteiros de variedades antigas e castiñeiros (Estremadura).  

. 13:00-13:30 h. Degustación de froitas de variedades locais de cultivo. Por Núcleo Agro Ecolóxico do Campo do Geres.  . 
14:00 h. Comida popular en Espazo Fortaleza. Por Rede Galega de Sementes.  

. 17:00-18:00 h. Entrega do “Premio JuanMa González” ao fomento da Biodiversidade Cultivada a D. José Esquinas Alcázar, experto de prestixio internacional sobre Recursos Filoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura.  

. 18:00-19:00 h. Experiencia de produción e mellora de variedades locais e antigas: a Fundación Galicia Verde. Por Enrique Banet, Fundación Galicia Verde.  

. 19:00-20:00 h. Historia, tradición e salvagarda das variedades locais de millo en Galicia. Por Pedro Revilla Temiño, investigador da Misión Biolóxica de Galicia.  

. 20:00-21:00 h. Presentación do libro “Bienaventurada a maleza porque ela che salvará a cabeza”. Usos de 113 plantas silvestres dos campos norteños. Por Cesar Lema.  

. 23:30 h. Queimada pola biodiversidade cultivada.     

Domingo, 10 de setembro. FEIRA ESTATAL DA BIODIVERSIDADE AGRÍCOLA  
Lugar: Fortaleza de Goián, Tomiño.  

. 10:00-14:00 h. Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola, cunhas mostras de sementes e variedades locais de diferentes lugares da Península, Canarias e Baleares (montaxe postos de 8h30 a 10h00).  

. 10:00-11:00 h. Paseo para a identificación de plantas silvestres e coñecer os seus usos. Por Cesar Lema.  

. 11:00-12:00 h. Obradoiro infantil sobre biodiversidade cultivada. Por Rede Galega de Sementes.  

. 12:00-13:00 h. Obradoiro de extracción de sementes. Por Rede Galega de Sementes.  

. 14:00 h. Comida popular. Por Rede Galega de Sementes.  

.15:00 h. Declaración final XVIII Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario