Festival Internacional de Xardins de Allariz
Os Xardíns da Memoria 2017
Do 13 de Maio ata o 29 de Outubro do 2017
Pasarela sobre o río Arnoia, en Allariz
Fotos: Santiago Baz Lomba
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz nace como un punto de encontro das persoa amantes da arte e da natureza, do paisaxismo e do deseño. Este proxecto abriu as súas portas no ano 2010, recuperando así, un tramo da marxe dereita do río Arnoia con máis de 20.000 m2. O espazo integra doce xardíns efémeros, convocados nun concurso baixo unha temática común, e zonas de esparexemento ao aire libre, con espazos de xogo para os máis cativos.
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz sitúase a carón do río Arnoia, nunha zona de grande valor ambiental. Allariz, xunto cos concellos de A Bola, Rairiz da Veiga e Vilar de Santos, foi declarada Reserva da Biosfera pola Unesco no ano 2005, por ser esta unha zona particularmente importante en valores culturales e polo uso sostible da terra, atendendo á conservación de flora e fauna, dende o punto de vista ambiental, urbanístico e de desenvolvemento económico.
Hola a toda a redacion de este evento ,, a miña pregunta eh a seguente,, son paraplexico silla de rodas , eh gustariame saber se a geografía donde están ubicados estes xardins e accesible para poder visítalo personas en tal estado que a miña situación--?????
ResponderEliminarHola -- a miha pregunta eh a siguiente ,, a ubiccacion destes xardin en ALLARIZ , son accesibles a PMR - en cadeira de rodas---¡¡¡¡¡
ResponderEliminar