17 de set. de 2017

ALLARIZ

Festival Internacional de Xardins de Allariz
Os Xardíns da Memoria 2017

Do  13  de Maio  ata o  29 de Outubro do 2017

Pasarela sobre o río Arnoia, en Allariz 
Fotos: Santiago Baz Lomba

Santiago Baz Lomba / Allariz


 O  Festival Internacional de  Xardíns de  Allariz nace como un punto de encontro das persoa amantes da arte e da natureza, do paisaxismo e do deseño. Este proxecto  abriu as súas portas no ano 2010, recuperando así, un tramo da marxe dereita do río  Arnoia con máis de 20.000 m2.  O espazo integra doce xardíns efémeros, convocados nun concurso baixo unha temática común, e zonas de esparexemento ao aire libre, con espazos de xogo para os máis cativos. 


 O Festival  Internacional de Xardíns de Allariz sitúase  a carón do río  Arnoia, nunha zona de grande valor ambiental. Allariz, xunto  cos concellos de  A Bola, Rairiz da Veiga e Vilar de Santos, foi declarada Reserva da Biosfera pola Unesco no ano 2005, por ser esta unha zona particularmente importante en valores culturales e polo uso sostible da terra, atendendo á conservación de flora e fauna, dende o punto de vista ambiental, urbanístico e de desenvolvemento económico.

2 comentarios:

  1. Hola a toda a redacion de este evento ,, a miña pregunta eh a seguente,, son paraplexico silla de rodas , eh gustariame saber se a geografía donde están ubicados estes xardins e accesible para poder visítalo personas en tal estado que a miña situación--?????

    ResponderEliminar
  2. Hola -- a miha pregunta eh a siguiente ,, a ubiccacion destes xardin en ALLARIZ , son accesibles a PMR - en cadeira de rodas---¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar