30 de ago. de 2017

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL INVISTE MÁIS DE 180.000€ DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Nos centros escolares do municipio 



Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal está realizando varias obras de mellora nos centros escolares do municipio subvencionadas pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2016.  

 Máis de 160.000€ van destinados a mellorar as cubertas das escolas unitarias de Fornelos, Tabagón, Novás, Couso, Marzán, Pías, San Miguel de Tabagón e Simón do Mazo. A estas escolas únese tamén a reforma da cuberta da vivenda do centro médico de San Miguel de Tabagón.  

 Por outro lado, no CPI Manuel Suárez Marquier estase realizando unha obra por importe de 22.634€ que consiste no pulido do pavimento xa que debido á súa antigüidade e ao tránsito de alumnos o terrazo presenta numerosas irregularidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario