1 de ago. de 2017

O ROSAL

A Xunta de Galicia convoca para o 4, 5 e 6 de setembro os titulares dos terreos afectados polas obras de mellora da estrada entre Pancenteo e Marzán, no Rosal, para o inicio das expropiacións

Os propietarios dos terreos deberán achegarse á Casa do Concello do Rosal nas citadas xornadas, entre as 10,00 e as 13,30 horas 

Con estas actuacións, que teñen un prazo de execución de seis meses, acadarase unha mellora da estrada entre os puntos quilométricos 3+150 e 5+360  

As obras previstas contemplan a mellora da sección da estrada, renovación e ampliación das beirarrúas, incorporación dunha senda peonil, substitución da drenaxe lonxitudinal e reforzo de firme ao longo do treito obxecto do proxecto

Infogauda / O Rosal

 A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou onte no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a resolución pola que se convoca para os vindeiros 4, 5 e 6 de setembro aos propietarios dos terreos afectados polas obras de mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353), ao seu paso polo Rosal, para o levantamento de actas previas á ocupación.  

 Os titulares dos terreos afectados deberán achegarse á Casa do Concello do Rosal nas citadas xornadas, entre as 10,00 e as 13,30 horas.  

 O proxecto ten por obxectivo a mellora da seguridade viaria en máis de 2,2 quilómetros e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e completando a drenaxe e a sinalización existente en dita estrada.  

 As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda e que teñen un prazo de execución de seis meses, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais.   

 Con estas accións aumentaranse a comodidade e seguridade da circulación ao ampliar o raio das curvas e facilitaranse os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo. 

Ningún comentario: