2 de ago. de 2017

LABORAL

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN DIANTE DA EMPRESA DE AUTOBUSES OJEA, EN SALVATERRA DE MIÑO




Informa: CIG

 A CIG ten convocada unha concentración para mañá, xoves 3 de agosto, ás 10:45 horas, diante das instalacións da empresa de autobuses OJEA (Lg. de San Roque, parroquia de Leirado, Salvaterra de Miño). Posteriormente a protesta trasladarase aos domicilios dos directivos da compañía, situados tamén no mesmo lugar. 

 A mobilización convócase en rexeitamento á represión sindical en autocares OJEA e para reclamar a readmisión do traballador despedido por ir de candidato da CIG nas últimas eleccións sindicais celebradas na empresa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario