31 de ago. de 2017

A GUARDA

FORMACIÓN

A CIG ORGANIZA UN CURSO DE ACCESO AO NAVAL

Serafín Fernández Portela * / A Guarda

 A Confederación Intersindical Galega do Baixo Miño (C.I.G.), vai realizar un curso de acceso ao naval  no vindeiro mes de Outubro, nos locais do Sindicato, sito na Praza da Guía, 3 Baixo - A Guarda. 

E ste curso está composto de 20 horas en varios módulos,  e se realizará na semana do 02.10 ate o 06.10, a razón de 4 horas diarias, en xornada de tarde no horario de 17:00 a 21:00 horas. 

 Por medio deste comunicado,  a CIG- Baixo Miño,  quere por en coñecemento da cidadanía en xeral e dos traballadores e traballadoras  do Baixo Miño que aquelas persoas que están  interesadas  en traballar nos asteleiros navais,  será necesario ter a titulación para poder traballar  neses centros de traballo, e polo tanto  tal curso. 

 Este curso estará composto polo menos por 15 persoas, podendo ser ampliado ate un máximo de 30 persoas. 

 Se estás interesado/a, en realizar este curso de acceso ao naval, podes dirixirte ao Local da CIG-Baixo Miño, no horario  habitual de  atención ao público, ou ben chamando ao Teléfono: 986 61 04 65.


(*) Secretario da Unión Local do Baixo Miño

Ningún comentario:

Publicar un comentario