21 de xul. de 2017

TOMIÑO

EXPERTOS EN TURISMO ESCOLLEN TOMIÑO PARA TRABALLAR NUN DICIONARIO ESPECIALIZADO 

PROCEDENTES DE DIFERENTES UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS, OS INVESTIGADORES TRABALLARÁN ATÉ O DOMINGO 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González con Rubén Lois (catedrático de Xeografía na USC) e os once profesores de Turismo 
Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño

 Once profesores de Turismo (todos xeógrafos) de diferentes universidades españolas (Madrid, Barcelona, Alicante, Sevilla, Mallorca, Málaga, etc.), acompañados por Rubén Lois (catedrático de Xeografía na USC), participan dende hoxe até o domingo dun encontro no Concello de Tomiño. 

 Trátase dun grupo de expertos que ademais de traballar en rede, fan encontros periódicos en novos espazos turísticos, non masificados. No caso de Tomiño, interésalles especialmente o territorio transfronteirizo e o clima.  

 O cometido é coñecer as novas tendencias en turismo, novos espazos non saturados, etc. para a creación do primeiro dicionario-manual de turismo en español e as outras linguas oficiais, destinado ao ámbito universitario e a profesionais especializados.  

 Na primeira sesión de traballo foron recibidos pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen lles deu a benvida e faloulles sobre as características do termo municipal; os seus recursos e potencialidades económicas, naturais, etnográficas e turísticas.      

Ningún comentario:

Publicar un comentario