21 de xul. de 2017

TOMIÑO

O GRUPO DE VOLUNTARIADO DE TOMIÑO ORGANIZA ACTIVIDADES LÚDICAS E MEDIOAMBIENTAIS 

AS PERSOAS QUE DESEXEN APUNTARSE AO PROGRAMA, TEÑEN QUE DARSE DE ALTA NA OMIX (NO ANTIGO CENTRO DE SAÚDE) 



Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño vén de presentar a programación de voluntariado do verán 2017.  

 Algunhas actividades están destinadas á infancia, coma os obradoiros de xogos tradicionais ou o taller de igualdade de xénero. Outras, ás persoas maiores de 60 anos, coma o obradoiro de benestar ou os de bailes e cancións e cestería. 

 O ciclo de cinema “Videoforum Ambiental”, que terá lugar na Casa de Cultura os días 26, 27 e 28 de xullo, de 10.30 a 12.30 horas, está dirixido a todo público, igual que a actividade de interese medioambiental “Recollida de lixo en Kayak”, que terá lugar o mércores 2 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas.  

 As persoas que desexen participar coma voluntarias, poden darse de alta na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), beneficiándose dunha serie de vantaxes.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario