4 de xul. de 2017

LABORAL

MOBILIZACIÓN EN VIGO

Para denunciar o bloqueo das negociacións do convenio provincial do metal


Infogauda / Vigo

 A CIG, CCOO e UGT convocan unha mobilización en Vigo para denunciar o bloqueo das negociacións do convenio provincial do metal. A concentración terá lugar este mércores día 5 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas diante da sede da ASTRA e Instalectra, as patronais de talleres de reparación de automóbiles (rúa do Príncipe, 22).

Ningún comentario:

Publicar un comentario