4 de xul. de 2017

BAIXO MIÑO

FESTA NACIONALISTA DO BAIXO MIÑO

Sábado 8 de xullo, a partir das 20:30 h., no Montiño (subida ao Monte Trega) A Guarda



BNG / Baixo Miño

 Todos os anos na comarca do Baixo Miño o BNG celebra a Festa Nacionalista. Un momento de convivio, de reflexión política, de festa, de bo comer e con boa música. 

 Despois dun ano de traballo político, toca relaxarse e pasalo ben, para seguir traballando por este País o resto do ano. Imos celebralo no Concello da Guarda, nun lugar incomparábel ao pé do monte Trega, no lugar coñecido como "O Montiño", este sábado 8 de xullo a partir das 20:30. 

 Contaremos coas actuacións do grupo de rock   "A Banda da Trastenda" e do grupo de música tradicional "Os Folieiros"

 Para acompañar toda esta música teremos comida e bebidas a prezos populares. E como sobremesa contamos coas riquísimas filloas á pedra do compañeiro Paco, de Pinzás, e os doces da compañeira Ofelia.

 Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG

 Tamén imos contar coa presenza da Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG, que compartirá con nós este día de festa, e as intervención de Ángel Baz, portavoz municipal da Guarda, e Laureano Muíños, responsábel comarcal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario