7 de xul. de 2017

GOIÁN

Grandes Festas na honra da Virxe dos Remedios e San Cristovo 

Do 7 ó 9 de xullo




Infogauda / Goián

 Desde este venres día 7 ata o domingo día 9 de xullo de 2017, o pobo de Goián celebra as Festas na honra da Virxe dos Remedios e San Cristovo,  cunha ampla programación de actividades durante toda a fin de semana. 

 PROGRAMA:  

VENRES 7  

10:00 h. Pasarrúas a cargo da Treboada Os da Fonte do Frade 

22:00 h. Verbena a cargo das orquestras Assia e Pasarela. 

SÁBADO 8  

10:00 h. Pasarrúas a cargo da Banda de Música da Agrupación Musical de Goián.  

17:00 h. Concerto do Coro e da Banda Infantil. 

22:00 h. Verbena a cargo do Grupo América e Superfama.  

DOMINGO 9  

10:00 h. Pasarrúas a cargo da Banda de Música da Agrupación Musical de Goián.  

22:00 h. Verbena a cargo das orquestras Olympus e o Dúo Azúcar Moreno  

ACTIVIDADES RELIXIOSAS  

SÁBADO 8: Ás 12:00 h. misa solemne e procesión e ás 20:00 h. bendición dos vehículos  

DOMINGO 9: Ás 12:00 h. misa e procesión na honra da Virxe dos Remedios.  

Ningún comentario: