7 de xul. de 2017

A GUARDA

Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!” 

Sábado día 15 de xullo, as 09:00 da mañá, na sala de exposicións da planta baixa, do Centro Cultural de A Guarda, 


Érguete Baixo Miño / A Guarda


 A Asociación Érguete Baixo Miño, organiza o vindeiro sábado día 15 de xullo a Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!” que terá lugar no Centro Cultural de A Guarda, na sala de exposicións da planta baixa.   

 O acto, que dará comezo as 09:00 da mañá, está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man, a través do contacto directo con varias empresas da zona do Baixo Miño e arredores, información sobre o que buscan nos seus/súas potencias traballadores/as ou que perfís soen requirir para futuras contratacións.   

 As intervencións correrán a cargo de representantes das empresas: 

· Cerámicas Técnicas Galegas, S.L. (Certega) – A Guarda     
· Nortempo - Recursos Humanos y Trabajo Temporal 
· Porriño Viveros Nilo, S.L. – Figueiró, Tomiño   

 Esta xornada é o peche do taller de formación e activación cara a procura de emprego que comezamos o 13 de xuño e que se enmarca dentro do Programa Érguete Emprega que está financiado pola Deputación de Pontevedra, a través da Subvención de Acción Social que esta entidade percibe para o ano 2017.   

 Indicamos a continuación detalle do acto programado. 

Programa do Encontro con Empresas  “Non te pares - Érguete!!”   

Lugar realización: Centro Cultural – Concello de A Guarda Data, horario e duración: sábado 15 de xullo de 2017, de 09:00 a 11:30 h. 
Participantes: sesión aberta ao público en xeral.   

09:00 Recepción de asistentes e presentación do acto. 
09:15 Mesa redonda de empresas (Certega – Nortempo – Viveros Nilo). 
11:15 Rolda de preguntas.
11:30 Peche xornada.

 Podes solicitar máis información na nosa entidade, ubicada na rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º andar) de A Guarda (Pontevedra), nos teléfonos 986 614 407 – 640 086 376 ou no correo elecrónico: info@erguete.org  

Ningún comentario:

Publicar un comentario